Localizador de recursos electrónicos
ACREDITACIÓN ANECA 2024
                                           
                                                
Acreditación aos corpos docentes universitarios

A Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) ten entre as súas funcións a valoración dos CV dos solicitantes para o acceso ás figuras de profesorado universitario contratado (programa PEP) e de funcionarios/as docentes universitarios (Programa ACADEMIA).

O procedemento de acreditación dos corpos de funcionarios/as docentes universitarios (profesores/as titulares e catedráticos/as) está regulado pola Ley orgánica 2/2023 del Sistema Universitario e o Real Decreto 678/2023.

ANECA publicou os CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y REQUISITOS MÍNIMOS DE REFERENCIA DE LOS MÉRITOS Y COMPETENCIAS REQUERIDOS PARA OBTENER LA ACREDITACIÓN. O procedemento para a obtención da acreditación conforme ao RD 678/2023 entrou en vigor o 1 de abril de 2024 (Procedimiento para la obtención de la acreditación estatal para el acceso a los cuerpos docentes universitarios). As persoas solicitantes con expedientes iniciados e non finalizados antes do 1 de abril de 2024 poderán desistir do procedemento e solicitar a avaliación conforme ás novas previsións (disposición transitoria primeira, número 2, do Real Decreto).

Categorías dos méritos
As persoas solicitantes deberán resumir a súa traxectoria docente e investigadora, nun currículo breve, que incluirá unha exposición e xustificación dun número reducido de contribucións relevantes cunha explicación narrativa sobre a súa calidade e relevancia. O currículo incluirá os seguintes méritos e competencias:
 
  •  Méritos e competencias de investigación, incluíndo as de transferencia e intercambio do coñecemento e innovación:
Deberase destacar a calidade, impacto ou relevancia científica, social ou local das súas contribucións, sustentada polos indicadores que queiran achegar.
 
  •  Méritos e competencias de docencia:
Incluirá unha experiencia docente universitaria relevante e unha valoración positiva da calidade. Aqueles que acrediten resultados de investigación excepcionais e que desenvolvesen a súa carreira principalmente nunha institución non universitaria dedicada á investigación, ou nunha universidade estranxeira, poderán obter a acreditación sen necesidade de cumprir co conxunto dos méritos de actividade docente que se establezan.
 
  •  Méritos e competencias de liderado (só para CU):
Deberanse achegar evidencias significativas dunha traxectoria de liderado en actividades académicas. Esta traxectoria avalarase polas actuacións que demostren a capacidade de dirección de equipos e proxectos de investigación, a formación e promoción de mozos docentes e investigadores, a dirección e xestión universitaria, os recoñecementos e as responsabilidades exercidas en organizacións científicas e comités científicos e técnicos ou outras actividades de liderado equivalentes.
 
  •  Méritos e competencias relacionados coa actividade profesional:
ANECA establecerá, escoitadas as comisións correspondentes, os méritos e competencias a considerar na valoración da experiencia profesional das persoas solicitantes, en especial, cando se trate de profesións reguladas e ensinos artísticos.
Cualificación dos méritos
O resultado da avaliación será favorable cando a persoa solicitante obteña a suficiencia, entendida como un mínimo de 50 puntos sobre os 100 posibles, en cada un dos bloques establecidos: actividade investigadora, de transferencia e intercambio do coñecemento, actividade docente e, para a acreditación a CU, liderado.

Os mínimos expresados en cada táboa son imprescindibles para poder conseguir a acreditación correspondente. A suficiencia en actividade profesional só será necesaria para a acreditación nas áreas clínicas de Ciencias da Saúde.








*Os puntos obtidos neste apartado súmanse aos de apartados anteriores, pero en ningún caso poderán superarse o máximo de 100 puntos.
Actividade investigadora
PTU: recoñecerase automaticamente o mínimo esixido de actividade investigadora a quen obtivese 1 sexenio de investigación CNEAI-ANECA e o máximo con 2 sexenios.

CU: recoñecerase automaticamente o mínimo esixido de actividade investigadora a quen obtivese 3 sexenios de investigación  CNEAI-ANECA e o máximo a quen obtivese 4 sexenios. Cada sexenio de investigación valorarase con 10 puntos. Poderán presentarse outras contribucións para alcanzar o máximo, sempre que non fosen xa presentadas para conseguir os sexenios correspondentes.

Para garantir os méritos e competencias e criterios utilizados nos procedementos de avaliación da ANECA avaliarase de maneira semellante á establecida na resolución de criterios da convocatoria de avaliación da actividade investigadora (sexenios de investigación de CNEAI).

Ás solicitudes que se presenten a partir do 1 de abril de 2024 aplicaránselle os criterios previstos na resolución do 5 de decembro de 2023 recollidos no anexo I e no anexo II. Non se distinguirán achegas ordinarias nin extraordinarias. O límite no número de achegas será o disposto neste apartado.

PTU: máximo de 8 contribucións, polo menos 5 delas teñen que achegarse do apartado 1.2.1 (Actividade investigadora).
CU: máximo 20 contribucións, polo menos 15 teñen que achegarse do apartado 1.2.1 (Actividade investigadora).

A partir da aprobación das seguintes convocatorias de avaliación da actividade investigadora, as persoas solicitantes poderán invocar que se lles apliquen ou ben os criterios previsto no resolución CNEAI vixente (a vixente neste momento é CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y REQUISITOS MÍNIMOS DE REFERENCIA DE LOS MÉRITOS Y COMPETENCIAS REQUERIDOS PARA OBTENER LA ACREDITACIÓN) no momento de presentar a súa solicitude ou os criterios previstos na resolución CNEAI do ano inmediatamente anterior.  ANECA actualizará os anexos I e II desta resolución para adaptalos ás sucesivas convocatorias de sexenios de investigación.
Criterios xerais de avaliación da actividade investigadora
Nos Criterios de evaluación y requisitos mínimos de referencia de los méritos y competencias requeridos para obtener la acreditación incorpóranse dous anexos referidos á avaliación da actividade investigadora, para facer coincidir o modo de avaliación co dos Sexenios. No Anexo I establécense os criterios xerais.

No apartado 5 dos criterios xerais referido a depósitos de resultados de investigación, establécese a obrigatoriedade de depositar os artigos científicos posteriores á Ley 14/2011, del 1 de junio de la Ciencia, la Tecnologia y la Innovación e outros resultados de investigación (libros, capítulos de libros, conxuntos de datos, etc.) posteriores á  Ley 17/2022, de 5 de septiembre, por la que se modifica a Ley 14/2011, do 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnoloxía e la Innovación.

A identificación de dimensións, métricas e fontes faise segundo o apéndice da resolución para sexenios da CNEAI e pode incluir: citas recibidas (excluíndo autocitas), impacto normalizado (FWCI, CNCI), percentil de citas, autoras/es citantes, áreas temáticas onde se citan os traballos, citas en patentes, colaboracións internacionais, métricas alternativas, selos de calidade, etc.

Establécese un baremo de aplicación ao proceso de avaliación.
Criteros específicos da avaliación da actividade investigadora por comisión
No anexo II dos Criterios de evaluación y requisitos mínimos de referencia de los méritos y competencias requeridos para obtener la acreditación, preséntanse os criterios concretos de cada unha das 30 comisións e establécese que cada comisión de ANECA se conecta co campo CNEAI e o seu baremo específico.

Equivalencia das comisións co campo CNEAI que lle corresponde: