Localizador de recursos electrónicos
DOI (Digital Object Identifier)
                                                           
      (Última actualización maio 2023)
Que é o DOI?
DOI (Digital Object Identifier) é un identificador dixital único e permanente para calquera tipo de obxecto ou contido (texto, imaxe, rexistro de audio ou vídeo, software, datos de investigación etc. ) tanto en formato físico como electrónico, e pode referirse a diferentes niveis de xerarquía (por exemplo: revista, artigos de revistas,  tabla ou imaxe incluídos nun artigo etc.).
Unha vez atribuído un DOI só se poderá aplicar a ese obxecto, garantindo o acceso permanente aínda que cambiara o seu enderezo na rede.
O DOI facilita a proteccion dos dereitos de autor, realizar un seguimento dos contidos e  a persistencia dos enlaces nas citas.

DOI é un código alfanumérico coa seguinte estrutura:

       
 
   Por exemplo:  
             
                                                                               
 
Como localizar o DOI dunha publicación
As distintas axencias de rexistro ofrecen prestacións para localizar o DOI no seu sector, como CrossRef  para as publicacións académicas cubrindo este formulario cos datos solicitados.
A maioría dos buscadores tamén permiten localizar o DOI tras unha busca por título, autor etc.
 
Como localizar un documento polo DOI
Se coñecemos o DOI pode chegarse ao documento mediante os buscadores de DOI de  DOI Foundation e CrossRef, ou  ben mediante algunhas extensións dos navegadores (Google ChromeMozilla Firefox).
Quen solicita o DOI?
O editor ou solicitante son quen piden o código identificativo ás axencia de rexistro autorizadas do seu sector; estas axencias asignan o código identificativo e proporcionan a infraestrutura necesaria para permitir aos solicitantes do rexistro dar de alta os metadatos e mantelos actualizados (título, autor, url...).

No sector das publicacións académicas (revistas, libros, congresos etc.) a axencia de rexistro adoita ser  CrossRef.                                                
Que é CrossRef?

CrossRef é unha axencia de rexistros DOI para as publicacións científicas e académicas, que ten coma finalidade facilitar o enlace das referencias das publicacións científicas en formato electrónico para que sexan máis doadas de atopar, enlazar, citar e avaliar.
CrossRef recomenda aos editores amosar o DOI na primeira páxina do artigo (impreso ou electrónico), e tamén incluílo nas referencias electrónicas facéndoo enlazable precedido de http://dx.doi.org/; deste xeito o DOI convértese nun enlace permanente ao texto completo do artigo, capítulo de libro etc.

Que é Crossmark?
Crossmark é un  servizo de CrossRef que permite comprobar se o documento é a última versión ou non, incluidas as correccións, as retractacións e as actualizacións do rexistro. Para isto hai que premer no logo de Crossmark nun documento PDF ou HTML, e unha caixa de estado informa se o documento é actual ou se hai actualizacións dispoñibles.

Que é shortDOI?
ShortDOI é un servizo que acorta os DOI, similar aos que acortan URLs, dado que os DOIs adoitan ser cadeas moi longas.
Este servizo, ao introducir un DOI, crea un shortDOI ou devolve o shortDOI existente (no caso de que fora creado con anterioridade).
 
Por exemplo: 
 DOI    10.1002/(SICI)1097-0258(19980815/30)17:15/16<1661::AID-SIM968>3.0.CO;2-2
 ShortDOI     10/aabbee

As aplicacións que resolven nomes DOI, é dicir, que recuperan o documento asociado a un DOI, tratarán os shortDOI de idéntica forma ao orixinal.
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158