Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:
ERIC
Base de datos bibliográfica do Educational Resource Information Center de EEUU, que facilita o acceso á literatura científica e recursos especializados en educación, ofrecendo acceso á información das publicacións incluídas en
Current Index of Journals in Education e
Resources in Education Index.
ÍnDICEs CSIC
Recurso bibliográfico multidisciplinar que recompila e difunde principalmente artigos de investigación publicados en revistas científicas españolas.
Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto, ademais de actas de congresos.