Localizador de recursos electrónicos :: Fiador: Educación
Localizador de recursos electrónicos
EDUCACIÓN


Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Educación. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Acceso restrinxido UVigo [?] ERIC 
Base de datos bibliográfica do Educational Resource Information Center de EEUU, que facilita o acceso á literatura científica  e recursos especializados en educación, ofrecendo acceso á  información das publicacións incluídas en Current Index of Journals in Education e Resources in Education Index.

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
 
Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
 
Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 
Outras bases de datos bibliográficas
Acceso restrinxido UVigo [?] Teacher Reference Center
Índices e resumos de máis de 280 revistas recoñecidas no campo da docencia, sobre temas como avaliación, educación continua,  investigación pedagóxica, desenvolvemento do curriculum ou  Métodos para a Ensinanza entre outros.

Acceso restrinxido UVigo [?] PsycInfo
Proporciona acceso á literatura internacional no campo da Psicoloxía e outras ciencias relacionadas como Psiquiatría, Educación etc. Contén referencias e resumos de artigos de revistas, libros,  teses etc. dende 1967.

[?] Redined
Rede de información educativa creada no ano 1985 polo MEC e as comunidades autónomas. Recolle investigacións, innovacións, recursos e revistas ibero-americanas sobre educación, con enlaces ao texto completo do documento se está dispoñible.
Portais Temáticos
EURYDICE
Portal de difusión dos traballos da rede europea de información sobre educación e os sistemas educativos.

EURYPEDIA
Recurso da Red Eurydice que ofrece unha descrición actualizada da organización dos sistemas educativos europeos.

CNIIE: Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa
Dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ten coma misión contribuír á promoción da calidade educativa a través da adquisición das Competencias Básicas, prestando especial atención aos ámbitos non curriculares.

EducaLab
Plataforma para promover a innovación educativa, con recursos educativos (informes, estudos, boas prácticas etc.) para os docentes en castelán.

INTEF
O Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado é a unidade do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte responsable da integración das TIC nas etapas educativas non universitarias.

Eduso.net: El portal de la Educación Social
Servizo dos colectivos de Educadores Sociais que pretende ser un lugar de reflexión de persoas e entidades vinculadas á Educación Social.

Biblioteca Digital de la OEI
Servizo de Información e Documentación especializado en educación, ciencia, tecnoloxía, sociedade, innovación e cultura en Iberoamérica.

VOCEDplus
Base de datos de acceso libre especializada en investigación educativa.

Education World
Portal estadounidense que recompila múltiples recursos orientados á planificación das tarefas docentes, ao desenvolvemento profesional dos profesores e á integración das novas tecnoloxías na aula. 
Directorios de Enlaces Educativos
Portales de Educación
​Compilación de enlaces feita polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas

             end
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas