Localizador de recursos electrónicos
PSICOLOXÍA
Imaxe
Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Psicoloxía.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización setembro 2020)
Bases de Datos
Acceso restrinxido UVigo [?] PsycInfo
  • Ámbito temático: Psicoloxía e disciplinas relacionadas
  • Contido: Publicada polas Asociacións Estadounidenses de Psicoloxía, proporciona unha indexación completa e resumos da literatura psicolóxica internacional desde o século XIX ata o presente. Os documentos indexados inclúen revistas, artigos, libros, disertacións e outros, a maior parte revisados ​​por pares
  • Produtor: American Psychological Association

Recurso Open Access PSYKE: Artículos de psicología en español
  • Ámbito temático: psicoloxía
  • Contido: base de datos formada coas revistas en español da biblioteca de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid.
  • Cobertura: 1970 á actualidade
  • Língua de consulta: español

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe

Acceso restrinxido UVigo [?] ÍnDICEs CSIC
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España. 
  • Produtor: CSIC.
  • Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
  • Produtor: Fundación Dialnet.

Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Outros recursos
APA
  • Buscador da organización profesional e científica: American Psychological Association.
  • Contén publicacións e recursos en educación, investigacion etc. no ámbito da psicoloxía.
InfoCOP
  • Revista editada polo Consejo General de Colegios Ificiales de Psicólogos, que conta cunha edición en papel e  online. 
Psych Web
  • Web que proporciona información relacionada coa psicoloxía estruturada en subáreas temáticas, destinada a estudantes e profesores.
AllPsiche Online
  • Completo recurso en Internet sobre psicoloxía que contén referencias bibliográficas, enlaces a páxinas web, artigos, test etc.
Listas de Distribución
RedIRIS Psicología
As listas de distribución de RedIRIS son ferramentas que favorecen a coordinación e colaboración de grupos de investigadores con intereses comúns. Existen 35 listas relacionadas coa psicoloxía. Algúns exemplos:
  • psi-forense: Foro sobre psicoloxía forense
  • psi-eviden: Foro sobre psicoloxía baseada na evidencia
  • psicofarm: Foro sobre psicofarmacoloxía e conducta
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Guias relacionadas
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access