Localizador de recursos electrónicos :: Fiador: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Localizador de recursos electrónicos
Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos
    
Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:     

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 
Outros recursos para buscar bibliografía
Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, recensións e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.

Acceso restrinxido UVigo [?] SciFinder Scholar Web
Nota: IMPORTANTE!! A partir do 1 de xullo do 2021 esta versión deixa de estar activa e ao acceder serán dirixidos á nova plataforma SciFinder-N. Instrucións de migración 

Para acceder a Scifinder consulte as instrucións na guía de SciFinder-N

Base de datos máis completa do ámbito da Química, Enxeñaría Química e áreas relacionadas. Recolle artigos de revistas, patentes, actas de conferencias e simposios etc.  Inclúe CAplus (máis de 16 millóns de rexistros bibliográficos con familias de patentes e citas), REGISTRY (información sobre máis de 28 millóns de substancias localizables subestruturalmente), CASREACT (información sobre reaccións),  CHEMLIST (información sobre regulacións) e CHEMCATS (información sobre subministradores). 

AGRIS
Bases de datos creada pola FAO que recolle referencias bibliográficas de revistas, monografías, capítulos de libros, informes técnicos etc.  da área de agricultura, gandería, pesca, nutrición humana etc.

Food Safety Research Information Office
Producida polo United States Department of Agriculture, recolecta, organiza e difunde o publicado sobre seguridade alimentaria en revistas científicas. 
Composición de alimentos
INFOODS
Rede  internacional de sistemas de datos sobre alimentos cuxa finalidade é mellorar a calidade, dispoñibilidade, fiabilidade e utilización dos datos de composición de alimentos. 

EuroFIR (The European Food Information Resource)
Organización a nivel europeo que ten coma obxectivo desenvolver e publicar información sobre a composición alimentaria, e promover a cooperación internacional e a harmonización de normas.

BEDCA (Base de Datos Española de Composición de Alimentos)
Base de datos creada por centros de investigación públicos, administración e institucións privadas co obxectivo de incorporarase a outras bases de datos europeas dentro da Asociación  EuroFIR  AISBL, encargadas de elaborar unha plataforma unificada e con estándares de calidade das bases de datos de composición de alimentos europeas.

ANSES/Ciqual (French food composition)
Ciqual  recolecta, avalía e publica os datos de composición nutricional dos alimentos consumidos en Francia.

USDA Food Composition Databases
Base de datos sobre composición dos alimentos da United States Department of Agriculture.

Office of Dietary Supplements (ODS)
Información sobre suplementos dietéticos proporcionada polo U.S. Department of Health & Human Services.
Seguridade alimentaria
  • CODEX Alimentarius
    Creado pola FAO e a OMS, é unha colección internacional de estándares, códigos de prácticas, guías e outras recomendacións relativas aos alimentos, á súa produción e seguridade alimentaria.
  • EFSA (European Food Safety Authority) 
    Ofrece asesoramento científico aos responsables da toma de decisións que regulan a seguridade alimentaria en Europa. 
  • EURL (European Union Reference Laboratory for GM Food and Feed)
    Valida os métodos de detección de alimentos e pensos transxénicos como parte do procedemento de autorización da UE, e coordina os laboratorios de referencia nacional para os OMG nos Estados membros.
  • Eur-Lex (Seguridad alimentaria)
    Apartado de EUR-Lex onde se recolle  a política de seguridade alimentaria da Unión Europea.
  • FoodRisk.org
    Xestionado polo Joint Institute for Food Safety and Applied Nutrition xunto con outros organismos estadounidense, proporciona ferramentas, datos, titorias e enlaces a numerosas fontes de información relacionadas coa seguridade alimentaria.
  • Innocua
    Biblioteca electrónica que recolle información proveniente de institucións, empresas e publicacións relativas á  inocuidade dos alimentos desde o campo ata o consumidor dentro do marco da seguridade alimentaria.
  • AECOSAN (Agencia Española de Consumo, Seguridad  Alimentaría y Nutrición)
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Guias relacionadas
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access