Annual Reviews
Annual Reviews é unha editorial sen ánimo de lucro adicada á síntese e integración de coñecementos para o progreso da ciencia e o beneficio da sociedade. Contén revistas científicas dos ámbitos, entre outros, da Bioloxía, Biomedicina, Bioquímica etc.
Oxford Academic
Acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University do ámbito temático, entre outros, das Ciencias da Vida, Matemáticas, Física etc.
RSC Journals Revistas editadas pola Royal Society of Chemistry do ámbito temático da Química, Bioloxía, Biofísica e Ciencia dos materias.
Science Publicación semanal do ámbito da Bioloxía, Ciencias Ambientais, Mediciña, Xeoloxía…producida por AAAS HighWire Press.
ScienceDirect (Elsevier)Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade. Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título. Revistas do ámbito temático da Acuicultura, Agricultura, Bioloxía, Matemáticas, Medicina, Medio Ambiente, Tecnoloxía dos Alimentos, Xeoloxía, Química etc. producidas por Elsevier.
SciELO (Scientific Electronic Library Online) Portal de revistas científicas electrónicas de América Latina e o Caribe, publicadas baixo o modelo de acceso aberto. Dende 2014 está incluida na Web of Science.
Wiley Online Library Información científica e técnica do ámbito temático da Agricultura, Bioloxía, Medio Ambiente, Química etc. Producida por John Wiley & Sons.
BioMed Central Journals Contido editorial independente que ofrece acceso libre e gratuíto a artigos revisados por pares e borradores de investigacións biomédicas. Todos os artigos son arquivados en PubMed Central e noutros repositorios dixitais.
PLOS Iniciativa de acceso aberto da Public Library of Science (PLOS) organización sen ánimo de lucro dirixida polo premio Nobel Harold Varmus. Baseada no modelo no que os autores pagan pola publicación dos seus artigos, persigue a creación dunha biblioteca pública virtual de revistas científicas na que os artigos que se publican poidan ser distribuídos en liña de maneira libre e gratuíta. Ámbito temático: Medicina e Ciencias da vida.