Localizador de recursos electrónicos
QUÍMICA

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Química.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización xullo 2017)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, as seguintes bases de datos:     

Acceso restrinxido UVigo [?] SciFinder
Nota: Para acceder a Scifinder hai que rexistrarse previamente
Unha das bases de datos máis completa do ámbito da Química, Enxeñaría Química e áreas relacionadas. Recolle artigos de revistas, patentes, actas de conferencias e simposios etc.  Inclúe CAplus (máis de 16 millóns de rexistros bibliográficos con familias de patentes e citas), REGISTRY (información sobre máis de 28 millóns de substancias localizables subestruturalmente), CASREACT (información sobre reaccións),  CHEMLIST (información sobre regulacións) e CHEMCATS (información sobre subministradores). 

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
Outras bases de datos
Acceso restrinxido UVigo [?] CSIC-ICYT
Base de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que recolle as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas áreas de Ciencia e Tecnoloxía

Acceso restrinxido UVigo AENORmás (Norweb)
Nota: pódense consultar as normas dende calquera ordenador conectado á rede da Universidade ou a través de proxy. A descarga só é posible dende determinados ordenadores das Bibliotecas Central de Vigo, Central de Ourense e Torrecedeira, unicamente para alumnado e persoal (docente, investigador, administración e servizos) da Universidade de Vigo..
 Acceso ao texto completo das normas UNE vixentes, anuladas e ratificadas. Só en modo lectura.
Revistas electrónicas (coleccións)
Acceso restrinxido UVigo Acceso restrinxido UVigo [?] ACS Journals Portal de acceso as revistas da American Chemical Society, principal editorial de estudos revisados por pares de revistas de investigación en Química e ciencias afíns.

Acceso restrinxido UVigo [?] RSC Journals Revistas editadas pola RSC, Royal Society of Chemistry, editor científico de Bioloxía, Biofísica, Química e Ciencia dos materiais.

Acceso restrinxido UVigo [?] ScienceDirect
Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade.  Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.
Contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3000 revistas revisadas por pares,do ámbito da Química, Acuicultura,
Agricultura, Bioloxía, Enxeñería, Física, Medicina, Medio Ambiente etc.

Acceso restrinxido UVigo SpringerLink Contén revistas do ámbito, entre outras, da Química, Enxeñaría, Matemáticas, Bioloxía, Medicina, Medio Ambiente etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Wiley Online Library
Nota: Libros no catálogo da Biblioteca Uvigo
Contén revistas de información científica, técnica, médica e profesional.
Libros electrónicos (coleccións)
Acceso restrinxido UVigo [?] Books on ScienceDirect. Química, Enxeñaría e Ciencia dos Materiais (Engineering Village/Referex Engineering)
Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo
Colección de libros de Química, Petroquímica, Electricidade e Electrónica, Enxeñería mecánica e Materiais.

INTECH Editor dunha gran colección de libros en acceso aberto de gran calidade do ámbito da Ciencia, Tecnoloxía e Medicina. Editorial avalada polo Book Citation Index (Clarivate Analytics).
 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Buscar en
    Catálogo    /    Revistas-e    /    Libros-e
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas