Localizador de recursos electrónicos
MATEMÁTICAS

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Matemáticas.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización agosto 2014)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:     

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.
Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
Acceso restrinxido UVigo MathSciNet contén referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 1800 revistas, con acceso ao texto completo cando é posible. Ademais Mathscinet recolle en formato electrónico todo o contido da publicación en papel Mathematical Review. 
Todos os recursos

Bases de datos bibliográficas

Acceso restrinxido UVigo CSIC

Acceso restrinxido UVigo CSIC-ICYT
  • Ámbito temático: ciencia e tecnoloxía
  • Contido: base de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que recolle as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas seguintes áreas:

Acceso restrinxido UVigo MathSciNet
  • Ámbito temático: Matemáticas e a súa aplicación a disciplinas relacionadas (estatística, econometría, informática, enxeñaría)
  • Contido: referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 1800 revistas, con acceso ao texto completo cando é posible. Mathscinet recolle en formato electrónico todo o contido da publicación en papel Mathematical Review. 
  • Produtor: American Mathematical Society
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: Titoriais

Revistas electrónicas (coleccións)

DML-E: Biblioteca Digital Española de Matemáticas
  • Ámbito temático: Matemáticas
  • Contido: texto completo dos artigos publicados desde o ano 1980 ata a actualidade nas principais revistas españolas de Matemáticas. Cando as publicacións teñen unha distribución comercial, os editores aplican ás súas revistas un período de embargo, polo cal permítese ao acceso ao texto completo de todos os artigos publicados, salvo aos máis recentes. 
  • Produtor: Equipo DML-E Centro de Información y Documentación Científica (CINDOC - CSIC)
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación

EuDML. The European Digital Mathematics Library
  • Ámbito temático: Matemáticas
  • Contido: colección dixital que da acceso á literatura matemática publicada principalmente en Europa, desenvolvida e mantida por unha rede de institucións.
  • Produtor: EuDML
  • Cobertura temporal: variable segundo a revista
  • Lingua de consulta: castelán, inglés, francés, alemán, portugués…

Acceso restrinxido UVigo IOP Science
  • Ámbito temático: Física
  • Contido: revistas a texto completo do Institute of Physics.
  • Produtor: IOP Publishing
  • Cobertura temporal: dende o primeiro número
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: (inglés)

Acceso restrinxido UVigo JSTOR (Arts & Sciences I, II e III)
  • Ámbito temático: Arte, Filosofía, Historia, Lingua e Lingüística, Literatura, Socioloxía. Economía, Empresa, Matemáticas.
  • Contido: máis de 1.500 revistas académicas de diversas disciplinas, con predominio das Humanidades e as Ciencias Sociais.
  • Produtor: JSTOR (ITHAKA)
  • Cobertura temporal: dende os primeiros anos da publicación, con embargo dos anos recentes
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo ScienceDirect
  • Ámbito temático: Acuicultura, Agricultura, Bioloxía, Enxeñería, Física, Forestais, Informática, Matemáticas, Medicina, Medio Ambiente, Tecnoloxía dos Alimentos, Telecomunicacións, Xeoloxía. Empresas, Psicoloxía, Química.
  • Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
  • Produtor: Elsevier
  • Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular; Ciencias Medioambientais; Ciencias Sociales; Física Nuclear e Astronomía*.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: vídeosguías e titoriais dende a web do editor

Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade.  Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.
Acceso restrinxido UVigo SIAM Journals Online
  • Ámbito temático: Matemática Aplicada e Ciencias Computacionais
  • Contido: revistas revisadas por pares publicadas pola Society for Industrial and Applied Mathematics
  • Produtor: SIAM, Society for Industrial and Applied Mathematics
  • Cobertura temporal: acceso dende 1997
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial "Browsing publications"

Acceso restrinxido UVigo SpringerLink
  • Ámbito temático: Enxeñaría, Informática, Matemáticas, Telecomunicacións. Bioloxía, Medicina, Medio Ambiente, Química.
  • Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
  • Produtor: Springer
  • Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), titorial para busca de artigos en vídeo (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Walter de Gruyter
  • Ámbito temático:  Arquitectura e deseño, Arte, Química, Estudos clásicos e antigos, Ciencias da computación, Económicas, Enxeñaría, Xeociencias, Historia, Estudos Xudaicos, Dereito, Ciencias da Información, Ciencias da Vida, Lingüística e Semiótica, Estudos literarios, Matemáticas, Medicina, Música, Filosofía, Física, Ciencias Sociais e Relixión.
  • Contido: colección multidisciplinar de libros e revistas da editorial Walter de Gruyter, con acceso ao texto completo dos títulos de revistas aos que a Universidade de Vigo ten subscrición e a outros títulos gratuítos proporcionados pola editorial.
  • Produtor: Walter de Gruyter GmbH
  • Cobertura temporal: a maior parte dos títulos dende 2002
  • Lingua de consulta: inglés e alemán

Libros electrónicos (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo EbscoHost eBooks
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
  • Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)
  • Termos de uso: permite imprimir ata 60 páxinas. Non se permite a descarga de todo o documento pero pódese descargar sección a sección no lector Reader Sony (non noutros modelos) ou en calquera lector de PDF 

Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo
Recurso Open Access INTECH
  • Ámbito temático: Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Contido: acceso a máis de  2000 libros de Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Produtor: InTech

Acceso restrinxido UVigo Springer eBook Collection. Mathematics and Statistics
  • Ámbito temático: matemáticas e estatística
  • Produtor: Springer

Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo
Acceso restrinxido UVigo Springer eBook Collection. Mathematics and Statistics-archive collection
  • Ámbito temático: matemáticas e estatística
  • Contido: colección de libros electrónicos do ámbito das matemáticas e estatística publicados entre 1934-2004
  • Produtor: Springer

Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo

Repositorios

Recurso Open Access ArXiv
  • Ámbito temático: Matemáticas, Física, Informática e Bioloxía cuantitativa
  • Contido: repositorio de e-prints en acceso aberto nos campos das Matemáticas, Física, Informática, Estatística e Bioloxía cuantitativa.  Actualmente está sustentado grazas ao apoio económico da Universidade de Cornell, da Simon Fundation e de varias bibliotecas universitarias e centros de investigación de todo el mundo.
  • Lingua de consulta: inglés

Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Buscar en
    Catálogo    /    Revistas-e    /    Libros-e
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access