Localizador de recursos electrónicos
QUÍMICA

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Química. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización, outubro 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, as seguintes bases de datos:     

Acceso restrinxido UVigo [?] SciFinder_n
Nota:
Cómpre estar rexistrado para acceder á plataforma

Unha das bases de datos máis completa do ámbito da Química, Enxeñaría Química e áreas relacionadas. Contén referencias bibliográficas e resumos de artigos, patentes, actas de congresos, informes, teses e libros. Permite procuras por estrutura, substancias químicas ou reaccións, autor, palabra-chave, entidades, título da publicación ,etc. Abrangue a literatura química, enxeñería química, áreas afíns e ciencias da saúde

Trátase dunha evolución do Scifinder Scholar que inclúe máis funcionalidades de busca e algún contido adicional: Patenpak: ferramenta que permite localizar as sustancias clave dunha patente; MethodsNow Synthesis: (protocolos sintéticos) ofrece información detallada sobre as reaccións, o seu procedemento, táboa de productos, reactivos, etc. Retrosynthesis: permite facer retrosíntese, é dicir, pedirlle a Scifinder-n que plantee unha ruta de síntese para a molécula obxectivo (sustancia que se quere sintetizar)


Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.

[?] PubMed Portal de acceso libre e gratuito ás bases de datos bibliográficas compliadas pola National Library of Medicine (NLM): Medline, Premedline, PubMed Central, Genbank, Complete Genoma, etc. Inclúe referencias de artigos, e artigos a texto completo de medicina, enfermería, odontoloxía, medicina veterinaria, saúde pública, etc.
Outras bases de datos
Acceso restrinxido UVigo [?] ÍnDICEs CSIC
Base de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que recolle as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas áreas de Ciencia e Tecnoloxía

Acceso restrinxido UVigo [?] AENORmás (Norweb)
Nota:
AENOR permite a visualización e a descarga das normas a texto completo. 
Termos de uso: o acceso a AENORmás está limitado aos membros da comunidade universitaria da UVigo, asinante da licenza e implica aceptar que o uso desta plataforma e dos documentos nela incluídos é estritamente académico.
 

 Acceso ao texto completo das normas UNE vixentes, anuladas e ratificadas. 

ChemSpider é unha base datos de estruturas químicas. Inclúe máis de 28 millones de estruturas recopiladas de numerosas fontes de datos. Esta base de datos es de acceso gratuito e foi elaborada pola Royal Society of Chemistry.
Libros electrónicos (coleccións)
Colección de libros de Química, Petroquímica, Electricidade e Electrónica, Enxeñería mecánica e Materiais.

INTECH Editor dunha gran colección de libros en acceso aberto de gran calidade do ámbito da Ciencia, Tecnoloxía e Medicina. Editorial avalada polo Book Citation Index (Clarivate Analytics).
 
Repositorios
Recurso Open AccessChemRxiv
  • Repositorio temático do ámbito da química que inclúe preprints en química e áreas relacionadas: Química agrícola e alimentaria, Química analítica, Química farmacéutica, Bioquímica, Catálisis, Enxeñería Química, Química industrial e moitas outras.
  • Productor: American Chemical Society (ACS) e outros colaboradores.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas