Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO HARVARD
     
O Estilo Harvard  emprégase fundamentalmente no ámbito das ciencias físicas e naturais. Non hai unha guía oficial, polo que baixo este nome hai moitas guías con variantes, especialmente na orde de colocación dos elementos da referencia. Nesta guía ofrécese unha visión xeral do estilo e información complementaria.
(Última actualización: xuño 2016)
Cita no texto

a) Cita textual ou literal: 
   

Apelido do autor/a, Data e Páxina(s)



 

 Como sinala Gimeno Sacristán (2009) “La verdad es que, en la práctica, la escolaridad ya interviene en el tiempo extra-académico como hemos podido ver con las tareas o deberes para casa” (p.117).

 


b) Cita indirecta:  a forma de inserir os datos depende da construción da oración na redacción.
 

Apelido do autor/a e Data

 

   - De 1 a 3 autores: menciona a todos:
 

 Walker e Allen (2004) opinan que a causa principal da crise...

Ou

 A causa principal da crise é o sistema capitalista (Walker & Allen 2004)

 
  
   - 4 ou máis autores
: cita sempre  ao 1º autor/a seguido de “et al.”:
 

 Rodríguez et al. (2005) conseguen vincular no seu estudo o fracaso escolar co nivel de renda familiar.

Ou

 En función da renda familiar prodúcese un distinto fracaso escolar (Rodríguez et al. 2005)

 
Referencias bibliográficas. Pautas xerais
Os datos para a elaboración da referencia bibliográfica obteranse do documento ao que se refire, sempre que sexa posible.
Transcribiremos os datos do documento citado na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo. Por exemplo, para introducir o enderezo electrónico dun documento utilizaremos segundo a lingua na que escribamos o noso traballo:
En galego: Dispoñible en
En castelán: Disponible en
En inglés: Available
Referencia bibliográfica. Libro impreso
Apelido(s), Inicial do nome. Ano publicación, Título do libro en cursiva, Edición (se non é a 1ª), Editorial, Lugar de publicación.

 

 Mariño Paz, R. 1998, Historia da língua galega, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela.


 Álvarez, R. e Monteagudo, H. (Eds.) 2005, Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.


 

Referencia bibliográfica. Libro electrónico
Apelido(s), Inicial do nome. Ano publicación, Título do libro en cursiva, Edición (se non é a 1ª), Editorial, Lugar de publicación,[tipo de medio entre corchetes], Dispoñible en: DOI ou URL, [data de acceso entre corchetes].
 
 Pardo Bazán, E. 2006, Los pazos de Ulloa, Project Gutenberg, [en liña], Dispoñible en: http://www.gutenberg.org/cache/epub/18005/pg18005.txt,  [data de acceso 5 de agosto 2012].
Referencia bibliográfica. Artigo revista impreso
Apelido(s), Inicial. Data, “Título do artigo entre comillas”, Título da  revista en cursiva, vol., no., pp.

 

 Connolly de Pernas, E. 2003, “Guillermo Brown o la acracia infantil”, Hibris: Revista de Bibliofilia, no. 15, pp. 32-39.
Referencia bibliográfica. Artigo revista electrónico
Apelido(s), Inicial. Data, “Título do artigo entre comillas”, Título da  revista en cursiva, [tipo de medio entre corchetes], vol., no., pp., Dispoñible en: DOI ou URL, [data de acceso entre corchetes].
 
 Díaz-Noci, J. 2010, “Medios de comunicación en Internet: algunas tendencias”, El profesional de la información, [en liña], vol.19, no.6, pp.561-567, Dispoñible en: DOI 10.3145/epi.2010.nov.01, [Data de acceso 20 Novembro 2010].
Referencia bibliográfica. Capítulo dun libro, ponencia nun congreso
Apelido(s), Inicial do nome Ano, ”Título do capítulo entre comillas”, en Apelido(s), Inicial dos Autor(es), Editor(es), Coordinador(es) ou Director(es) do libro, Título do libro en cursiva, Editorial, Lugar da editorial, páxinas.

(*Fíxarse na preposición "En" diante do nome do responsable do documento)

 
 Trinidad Requena, A. 2001, “La educación en España”, en Prior, J. (ed.), La sociedad española, Comares, Granada,  pp. 83-110.
Referencia bibliográfica. Tese de doutoramento
Apelido(s), Inicial do nome* Ano presentación da tese, “Título da tese entre comiñas”, Tese de doutoramento, Institución, Localidade da institución (se non está incluido no nome)

*Autor da tese


Exelby, HRA 1997, "Aspects of gold and mineral liberation", PhD thesis, University of Queensland, Brisbane.
Castro López, J. 2017, “Papel de la fauna edáfica en el funcionamiento de los ecosistemas agrícolas”, Tesis doctoral, Universidade de Vigo.

Se está dispoñible en liña engadir:
  • "Dispoñible en", ”Disponible en” ou “Available at”:URL
  • (Data de acceso)
Parsons, J.D.2011, "Black holes with a twist", PhD thesis. Durham University. Available at: http://etheses.dur.ac.uk/846 (Accessed: 14 August 2012)
Referencia bibliográfica. Páxina web
Autor (persoa ou organización) Data de creación ou revisión da páxina, Título da páxina en cursiva, [tipo de medio entre corchetes], Dispoñible en: URL, [data de consulta entre corchetes].
 
 Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios [sitio web], Dispoñible en: http://www.aemps.gob.es, [consultado 5 de setembro 2012].
Referencia bibliográfica. Entrada nun blog
Autor (persoa ou organización) Data de creación ou revisión da páxina, Título da páxina en cursiva, [tipo de medio entre corchetes], Dispoñible en: URL, [data de consulta entre corchetes].
 
 Torreblanca, J.I. 17 de decembro de 2012, Las tres caras de la unión política europea, [entrada nun blog], Café Steiner, Dispoñible en: http://blogs.elpais.com/cafe-steiner/2012/12/las-tres-caras-de-la-uni%C3%B3n-pol%C3%ADtica-europea.html, [consultado 19 de decembro de 2012].
Como organizar a lista de referencias
A lista de referencias inclúe todos os libros, artigos, páxinas web etc. que son citadas no texto do documento:
 
  • Ordéase alfabeticamente polo apelido do Autor/a, e dentro do mesmo Autor/a cronoloxicamente comezando pola máis recente.
  • Se son traballos dun autor en colaboración con outros, a orde virá indicada polo apelido do segundo autor, independentemente do ano de publicación.
  • As publicacións individuais colócanse antes das obras en colaboración.
  • Se un documento non ten autor/a, alfabetiza a primeira palabra da referencia (o título).
Máis información