FIADOR (Localizador de Fontes de Información Académica) :: Fiador: Traballo Social
Localizador de recursos electrónicos
TRABALLO SOCIAL

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito do Traballo Social. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos: 

Acceso restrinxido UVigo [?] ERIC 
Base de datos bibliográfica do Educational Resource Information Center de EEUU, que facilita o acceso á literatura científica  e recursos especializados en educación, ofrecendo acceso á información das publicacións incluídas en Current Index of Journals in Education e Resources in Education Index.

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 
Outras bases de datos bibliográficas
Acceso restrinxido UVigo [?] Teacher Reference Center
Índices e resumos de máis de 280 revistas recoñecidas no campo da docencia, sobre temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do curriculo ou Métodos para a Ensinanza entre outros.

Acceso restrinxido UVigo [?] PsycInfo
Proporciona acceso á literatura internacional no campo da Psicoloxía e outras ciencias relacionadas como Psiquiatría, Educación etc. Contén referencias e resumos de artigos de revistas, libros,  teses etc. dende 1967.

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, recensións e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
Enlaces de interese
Organismos
Lexislación
NATLEX
Base de datos da Organización Internacional do Traballo que recolle a lexislación sobre traballo, seguridade social e dereitos humanos duns 196 países.

Acceso restrinxido UVigo [?] Aranzadi Instituciones
Nota: Para pechar correctamente a sesión premer no botón "Salir" situado na parte superior dereita da pantalla.
Cando se supera o número de licenzas contratadas non permite accceder á base de datos.

Lexislación estatal co texto completo de todas as disposicións de carácter xeral publicadas no BOE dende 1978, e as máis relevantes dende 1930 (algunhas coa versión consolidada). Ademais conta coa subbase Aranzadi Experto Social  que recolle lexislación, xurisprudencia, formulario, casos prácticos etc., sobre este tema.

EUR-Lex (Empleo y Politica Social)
Apartado de EUR-Lex onde se recollen as políticas europeas e lexislación sobre emprego, asuntos sociais e igualdade de oportunidades.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas