Localizador de recursos electrónicos
SCOPUS AUTHOR ID
Que é Scopus Author ID
Scopus Author ID é o sistema de identificación de autores de Scopus e créase automaticamente se se teñen publicacións recollidas nesta base de datos. Un autor/a pode solicitar a agrupación das distintas variantes do nome e así  agrupar as súas publicacións en Scopus baixo unha única firma.
  • Vantaxes:
    • Créase automaticamente ao ter publicacións en Scopus
    • Permite xerar listaxes de publicacións e métrica de citas
       
  • Limitacións:
    • As identificacións de autores non sempre son correctas
    • Non se poden importar publicacións doutras fontes
     
Como unificar a firma en Scopus para ter un único Author ID
En Scopus as publicacións dun mesmo autor/a poden aparecer baixo distintas variantes do nome. Nestes casos pódese solicitar a Scopus a agrupación de todas as variantes do nome nun único perfil (Author ID), seguindo estes pasos:

1. Realizamos unha busca por autor e introducimos os nosos datos



2. Selecciónanse as variantes que se corresponden co mesmo autor/a e prémese en "Request to merge authors".



3. Aparece esta mensaxe coas posibilidades do que se pode facer e indicando que debemos acceder coa nosa conta de Scopus



4. Ábrese un proceso guiado para escoller a forma de firma preferida e a revisión das publicacións asociadas ao autor/a. 

       
Como engadir os datos das publicacións dende Scopus a ORCID
  • Dende ORCID, no apartado "Obras", premer en "Agregar trabajos - Buscar y enlazar" 
        

     
  • Escoller "Scopus to ORCID", e posteriormente na pantalla que aparece darlle a "Autorizar"

        
     
  • Seguir os pasos que marca para seleccionar o noso perfil en Scopus, revisar as nosas publicacións etc. 

 
  • Finalmente introducir o noso correo electrónico e premer en "Send Author ID"
      
Se precisa asesoramento
Se precisa máis información ou asesoramento sobre este tema contacte con:
           referencia@uvigo.es / 986813843
Máis información