Localizador de recursos electrónicos
ORCID
                      

Última actualización: marzo 2023
Que é ORCID?

ORCID (Open Researcher and Contribution ID)  é un proxecto aberto, sen ánimo de lucro, que ofrece un sistema para crear e manter un rexistro dixital único e persistente para investigadores. Este identificador, que pretende solucionar o problema da duplicidade e ambigüidade dos nomes, permite agrupar e dar visibilidade a toda a produción científica dun/ha autor/a. O identificador ORCID pódese incluír na páxina web do/a investigador/a, ao presentar publicacións (é un requisito para publicar nas editoriais máis importantes), etc.

Principais características:

  • Exprésase coma unha dirección URL única (ex. https://orcid.org/0000-0003-1407-3406). Independentemente das institucións nas que o investigador desenvolva a súa actividade científica, o seu ORCID ID será o mesmo sempre.
  • É un sistema independente, sen ningunha vinculación editorial ou institucional concreta.
  • Está aceptado por organizacións e editores científicos como Nature, Elsevier, MIT, Clarivate Analytics, CrossRef, Springer, Wiley etc.
  • É un sistema de aplicación global, o que permite que se poida conectar con outros sistemas de identificación de autores como Wos ResearchID, Scopus Author Identifier etc.
  • Aspira a ser o identificador universal para os autores, tal e coma é o DOI para as publicacións.
  • Proporciona un espazo ao investigador para rexistrar os seus datos e traballos e amosalos ao público se o desexa.
 
Como obter un identificador ORCID
Crear unha conta en ORCID é moi sinxelo: só ten que entrar na web de ORCID https//orcid.org e premer en "Registrarse-Regístrese ahora":
 

Encha os campos cos seus datos e elixa un contrasinal. ​É aconsellable empregar como correo de rexistro principal o correo da institución (uvigo.es ou uvigo.gal) 

No proceso de rexistro poderá configurar o nivel de privacidade da súa conta. Orcid ofrece 3 niveis de privacidade:



  
Acceder e completar o perfil
Para acceder á súa conta inicie sesión dalgunha das seguintes formas:
  • Entre na web de ORCID https://orcid.org  e inicie sesión co enderezo electrónico co que se rexistrou e o contrasinal.
  • Identifíquese coas claves de identificación institucionais da Universidade de Vigo (vexa o apartado seguinte "Como iniciar sesión coa conta da UVigo").
  • Inicie sesión coa sua conta de Google.
  • Use as claves para iniciar sesión coa conta de Facebook.
É importante que, despois de crear a conta, complete o seu  perfil de investigador:
  • Información biográfica.
  • Información sobre a formación académica.
  • Información sobre a vida laboral.
  • Información sobre as fontes de financiación.
  • Información sobre as publicacións.

Consulte a Guía para completar o perfil en ORCID

Pode encher todos os campos pero facer públicos só os que desexe configurando o nivel de privacidade para cada apartado.
 
Como iniciar sesión en ORCID coa conta da Universidade de Vigo
Pode acceder á súa conta en ORCID coas claves de identificación institucionais. Para iso previamente debe vincular a súa conta ORCID á Universidade de Vigo seguindo os seguintes pasos:
 
  • Ao iniciar a sesión, seleccione "Cuenta institucional", introduza o nome da organización, "Universidade de Vigo", e prema no botón "Continuar"; abrirase o sistema de identificación da Universidade de Vigo; introduza o seu usuario e o contrasinal:
 
  • A continuación, debe vincular a súa conta institucional co seu perfil en ORCID. Para facelo, introduza o seu número ORCID ID ou a súa conta de corrreo-e da Universidade de Vigo e o contrasinal de ORCID e prema no botón "Sign into ORCID":
Vinculación ORCID ao sistema de identificación da UVigo paso 2
 
A partir deste momento poderá acceder á súa conta ORCID empregando o sistema de identificación da UVigo:
Como engadir os datos das publicacións a ORCID
A páxina de ORCID permítelle completar o seu perfil curricular engadindo todos os traballos académicos. Ao igual que nos outros apartados pódese configurar o nivel de privacidade/visibilidade que se desexe.

Pode engadir as súas publicacións de varias formas:  
      
Como engadir información desde Dialnet Plus a ORCID

Dialnet Plus permite descargar as referencias bibliográficas nun arquivo BibText e importalas posteriormente a ORCID. Neste vídeo da Biblioteca da Universidade Pablo de Olavide explícase o proceso.
 

 

Vídeo: "Cómo importar información bibliográfica desde Dialnet a Orcid", por Biblioteca/CRAI Universidad Pablo de Olavide, 31/ de marzo de 2021. Duración; 01:56 min.

Cando publico un novo traballo, actualízase automaticamente no meu rexistro en ORCID?
ORCID colabora con algunhas organizacións como CrossRef e DataCite (que proporcionan DOIs e traballan con editores e centros de datos) co fin de facilitar as actualizacións automáticas dos rexistros en ORCID. Se vostede emprega ORCID ID durante a presentación de manuscritos, estas organizacións poden enviar mensaxes á súa "bandexa de entrada" en ORCID solicitando permiso para actualizar o seu rexistro. O permiso outórgase unha soa vez e pódese revogar en calquera momento.
                          
                                                       Imaxe tomada do Orcid Blog
Como engadir o número ORCID en SUXI
Se xa ten un número ORCID ID, cómpre que o introduza en SUXI. Deste xeito, completará os seus datos en BIDI, e permitirá que SUXI se actualice automaticamente desde WOS.
Entre na pestana Datos de investigación e cubra o campo ORCID ID, co seguinte formato: 0000-0000-0000-0000.

A pestana Datos de investigación atópase nos datos persoais, dentro do apartado Os meus datos:




Vantaxes de ter un perfil en ORCID
Vantaxes para o investigador:
 
  • Correcta identificación da autoría, da súa contribución académica e produción intelectual; para iso será necesario incluír no ORCID as distintas firmas que emprega nas súas publicacións.
  • Posibilidade de importar e exportar referencias dende Scopus, Web of Science, Dialnet, etc.
  • Incorporación automática de publicacións e outras actividades de investigación.
  • Xestión do histórico de afiliacións.
  • Simplificación da tarefa de avaliación da actividade de investigación.
 
Vantaxes para a institución:
 
  • Maior facilidade na recuperación das publicacións dos membros da institución.
  • Xestión máis eficaz de informes de actividade investigadora para procesos de avaliación.
  • Maior presenza, visibilidade e posicionamento internacional.
  • Adhesión a un estándar internacional.
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Máis información