Localizador de recursos electrónicos
ACTUALIZACIÓN AUTOMÁTICA DE SUXI DESDE WOS
Desde marzo de 2019 está operativa unha nova funcionalidade da aplicación SUXI para incluír automaticamente artigos indexados en WOS. Para que esta carga de publicacións se realice correctamente, cómpre que se cumpran algúns requisitos. Nesta guía achegamos información sobre os pasos que debe dar cando esa actualización automática non se realiza correctamente.

Consulte aquí algunhas preguntas frecuentes.
Ter un número ORCID e/ou ResearcherID
ORCID (Open Researcher and Contribution ID)  é unha organización internacional sen ánimo de lucro que proporciona un identificador dixital único e persistente para investigadores/as. Este identificador permite ter un perfil investigador e agrupar toda a produción científica dunha persoa.

O identificador ORCID pódese incluír na páxina web do/a investigador/a, usala como identificador cando presenta publicacións a revistas e editoriais e engadila aos perfís persoais nas bases de datos (WOS, Scopus, Dialnet, perfil de Google Académico) para que a autoría das publicacións apareza sempre correctamente.

Consulte aquí como crear o seu perfil en ORCID.

ResearcherID é o número que identifica cada autor/a na base de datos Web of Science (WOS). Este número está vinculado a un perfil persoal que se xestiona a través da ferramenta Publons

Consulte aquí máis información sobre ResearcherID e Publons
Introducir o ORCID e o ResearcherID en SUXI
Se xa ten un número ORCID ou un número ResearcherID, debe incluílos en SUXI: entre na pestana Datos de investigación e cubra os campos ORCID ID (co seguinte formato: 0000-0000-0000-0000) e/ou WOS ResearcherID.

A pestana Datos de investigación atópase nos datos persoais, dentro do apartado Os meus datos:




Actualizar as publicacións propias en Web of Science
Se xa ten número ORCID ou ResearcherID e estes xa están metidos en SUXI, cómpre agora que as súas publicacións en WOS estean asociadas a eses números. Neste exemplo de WOS, a publicación está correctamente vinculada á súa autora, e ao seu número ORCID:



Cada autor/a pode controlar que as súas publicacións estean en WOS correctamente asociadas ao seu ORCID e ao seu ResearcherID. Para iso, WOS ofrece dúas posibilidades:
 
  1. Actualice o seu perfil de ORCID engadindo a el as súas publicacións; ORCID traslada a WOS as novidades introducidas nos seus perfís, e WOS revisa a súa autenticidade e incorpora os números ORCID ás publicacións que ten indexadas. Dende que se introducen publicacións en ORCID ata que WOS incorpora o número ORCID a esas publicacións transcorre arredor de 1 semana. Consulte a nosa guía de ORCID.
  2. Actualice o seu perfil en Publons: vincule ese perfil con ORCID e engada as súas publicacións usando a opción de buscar publicacións en WOS. As actualizacións que se introduzan en Publons tardan aproximadamente 5 días en estar dispoñibles en WOS. Consulte a guía de Publons o as preguntas frecuentes de Publons

As dúas opcións son compatibles.

SUXI actualízase a diario coas publicacións de WOS. Envía unha busca de novas publicacións utilizando os números ORCID e ResearcherID que están introducidos en SUXI. E recupera as publicacións que están identificadas en WOS con eses números.

Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Preguntas frecuentes
Consulte aquí preguntas frecuentes sobre a actualización automática de SUXI
Máis información