Localizador de recursos electrónicos
ACTUALIZACIÓN AUTOMÁTICA DE SUXI DESDE WOS. PREGUNTAS FRECUENTES
Actualización: setembro de 2020
SUXI non incorpora os meus traballos recentes malia ter os meus números ORCID e ResearcherID metido na aplicación
Se ten correctamente metido o seu ORCID e/ou ResearcherID en SUXI, e este non é quen de importar as súas publicacións de WOS, o que ocorre é que estas non están correctamente identificadas en WOS. Consulte esta guía para saber como solucionalo.
Que teña máis dun número ORCID afecta á actualización automática de SUXI desde WOS?
A actualización a SUXI desde WOS faise comparando números ORCID e ResearcherID. Para que se execute correctamente ten que coincidir o número ORCID que teña rexistrado en SUXI co número ORCID que apareza vinculado ás súas publicacións en WOS. O problema dáse cando eses números son diferentes.

Non é conveniente que unha mesma persoa teña máis dun número ORCID: a finalidade do número ORCID é identificar unha persoa e todas as súas publicacións, polo que en todas elas e en todos os perfís da mesma persoa debería constar sempre o mesmo número. Se por erro creou máis dun número ORCID, debería utilizar sempre o mesmo, e eliminar os restantes.
Se xa teño un perfil ResearcherID, debo crear un perfil en Publons?
Non é necesario: o 15 de abril de 2019, a ferramenta de xestión do ResearcherID foi substituído por Publons. Se o seu perfil en ResearcherID era público, ese día toda a información que contiña pasou ao perfil en Publons e se non tiña un perfil Publons creado, creouse un novo automaticamente.
As miñas publicacións en WOS aparecen vinculadas a dous perfís diferentes. Afecta isto á actualización de SUXI?
Afecta. SUXI recupera de WOS as publicacións vinculadas ao mesmo ORCID ou Researcher ID que constan en SUXI. Todas as publicacións que en WOS non estean vinculadas a ese número ORCID/ResearcherID non será recoñecidas como súas e polo tanto non van ser incorporadas a SUXI. Para solucionar este problema, debe actualizar o seu perfil en Publons e reclamando as publicacións que non están en WOS vinculadas a ese ORCID. Consulte esta guía para saber como solucionalo.
Teño o número ORCID metido en SUXI, o meu Publons actualizado e aínda así a carga non se produce. Que podo facer?
Primeiro, comprobe que o seu perfil en Publons ten correctamente metido o número ORCID para que WOS poida incorporar esta información ás súas publicacións.

Despois, agarde. WOS tarda arredor de 5 días en actualizar a información que recibe de Publons. Se transcorrido ese tempo as publicacións non aparecen correctamente vinculadas ao seu número ORCID, contacte con nós para que lle comuniquemos a incidencia a Clarivate, a empresa propietaria de WOS.
No meu perfil de ORCID están todas as miñas publicacións, pero SUXI continúa sen cargalas. Que podo facer?
WOS tarda arredor de 1 semana en incorporar a información que se actualiza en ORCID. 

Ademais, para que o proceso se faga correctamente, tanto en SUXI como en Publons debe constar o seu número ORCID.
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158