Localizador de recursos electrónicos
Sexenios CNEAI 2019. Preguntas frecuentes
Quen pode solicitar un sexenio?

-O profesorado universitario funcionario (Profesores Titulares e Catedráticos)
-O profesorado contratado doutor fixo ou interino segundo se recolle na Resolución do 07 de xaneiro de 2020 da Universidade de Vigo pola que se fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de sexenios para o PCD correspondente ao ano 2019.
Que é un sexenio vivo?
Un sexenio considérase vivo cando aínda non transcorreron 6 anos completos desde a súa concesión. 
Na convocatoria de sexenios de investigación do ano 2020 (punto 3.4 das bases), indícase que o último sexenio vivo poderá prorrogarse un ano por cada permiso de maternidade ou paternidade, ou excedencia por coidado de fillas, fillos ou outros familiares en primeiro grao a cargo ou por razón de violencia de xénero, sempre que estes permisos ou excedencias tivesen lugar entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2020.
No apartado Datos da convocatoria non localizo a Universidade de Vigo
Na plataforma de solicitude de sexenios o nome da Universidade de Vigo aparece en castelán: Universidad de Vigo
No apartado Datos administrativos, a que se refire coa data de toma de posesión?
Refírese á data de toma de posesión do posto que ocupa actualmente
No apartado Datos administrativos, que é o campo de avaliación secundaria?
Nalgúns casos pode haber dúbidas sobre o campo de avaliación; tal como consta nos criterios publicados en novembro, a comisión pode decidir enviar unha solicitude a outro campo se considera que é máis axeitado para o curriculum do solicitante. Se cubrimos este campo secundario ofrecemos á comisión axuda sobre en que outro campo poderiamos ser avaliados/as. Pero non é necesario cubrilo se o campo de avaliación está claro.
Por que aparecen ata 6 tramos a solicitar? A que se refiren?
O máis habitual é solicitar un único tramo de sexenios en cada convocatoria e polo tanto cubriremos todos os datos no apartado 1º tramo a solicitar. Na propia aplicación o indica: "Deberá cumplimentar por orden los tramos de la solicitud empezando por el Primer tramo a solicitar, independientemente del número de tramos que ya tenga concedidos"
Pode darse o caso de que alguén queira solicitar máis tramos nunha mesma convocatoria, e utilizaría para iso os apartados 2º, 3º e sucesivos ata 6, que é o máximo permitido.
No apartado Tramo a solicitar, que tipo de tramo de avaliación debo escoller, normal ou única?
Se a solicitude é normal escolleremos esa opción. A avaliación única é a escollida por persoas que queren que se avalíe toda a súa carreira investigadora nunha única convocatoria.
No apartado Tramo a solicitar, se non aporto publicacións de todos os anos, que anos debo incluír?
Neste apartado temos que incluír os 6 anos do sexenio para o que solicitamos avaliación, independentemente dos anos de publicación dos traballos que aportemos para a súa valoración. Se, por exemplo, presento 5 artigos de 2015, 2017 e 2019, o tramo de avaliación vai de 2014 a 2019, e eses son os 6 anos que debo incluír na solicitude, consecutivos e de máis antigo a máis recente.
No apartado Tramo a solicitar, que son as aportacións substitutorias?
Refírense as dúas publicacións que a persoa solicitante pode presentar ademais das aportacións principais. Debe engadilas na mesma orde na que quere que sexan tidas en conta. As 5 aportacións principais engádense no apartado Aportaciones, e as substitutas engádense aquí, cos datos suficientes para a súa localización.
No apartado Tramo a solicitar, a que se refire o campo Área de asignación?
Este campo debe quedar en branco; segundo a Aneca é un campo innecesario na solicitude de sexenios.

Este campo non aparece despois da actualización do formulario.
No apartado Aportaciones, existe algún límite na redacción dos indicios de calidade?
Existe: un máximo de 3500 caracteres. É importante centrarse nos indicios máis importantes e redactalos por orde de relevancia.
No apartado Aportaciones, onde poño o título da revista?
No primeiro formulario aparecían os seguintes campos, e segundo a ANECA había que enchelos así:
- Revista por ISSN -> ISSN
- ISSN (Otra revista) -> Nome da revista
- Nombre (Otra revista) -> Non poña nada

O formulario foi modificado e os campos que figuran son:
Nombre de la revista
ISSN
Otros datos de la revista

 
É obrigatorio aportar os textos completos das publicacións?
Só é obrigatorio nos casos en que non aportemos ISBN, ISSN ou DOI. Se aportamos calquera destes indentificadores, engadir os textos completos das publicacións é opcional.
Como podo achegar os pdfs das aportacións se cando enviei a solicitude non estaba habilitada esta posibilidade?
Na primeira versión do formulario dos sexenios 2019 este non permitía achegar documentos para aquelas aportacións que incluían datos suficientes de identificación da publicación (ISBN, ISSN ou DOI). Pero modificaron o formulario, e habilitaron a posibilidade de engadir os textos completos tamén nestes casos.

As persoas que xa tivesen enviado a súa solicitude antes do cambio no formulario, poderán achegar nova documentación cando se peche o prazo de presentación de solicitudes.

A ANECA di: "No es obligatorio adjuntar los pdf de las aportaciones pero aquellas solicitudes de sexenios que, sin haber aportado las publicaciones en pdf, hayan sido cerradas y firmadas electrónicamente podrán subsanar este aspecto y subir dichas aportaciones una vez que se haya cerrado el plazo de presentación de solicitudes (31 enero). A partir de ese momento se abrirá un plazo de subsanación en el que se comunicará automáticamente (por medio de facilita) y se habilitará informáticamente la subida de dicha aportaciones a todos aquellos solicitantes que no las hubieran aportado como consecuencia de no haber estado habilitada esta opción inicialmente en la aplicación informática."
 
Que documentación debo introducir no apartado Documentos?
No apartado Documentos debemos presentar obrigatoriamente:
  • O curriculum vitae completo
  • A folla de servizos
  • Documentación acreditativa dos centros que non consten na folla de servizos, se é que existen
  • Documentación que xustifica as aportacións presentadas que non contan con DOI, ISBN nin ISSN. O nome do documento debe ser “Doc justificativo global de aportaciones en tramo N” (substituíndo o N polo número de tramo do que se trate)
  • Documentación que xustifica as patentes, se é que aportamos algunha, nun documento denominado “Documento aportación Patente tramo N” (substituíndo N polo número de tramo do que se trate)
No formulario actualizado introduciron a novidade de permitir cargar documentos xustificativos de publicacións aínda que estas teñan ISBN, ISSN ou DOI. Para poder introducilos hai que seguir as instrucións da propia aplicación: 
¡AVISO! TENGA EN CUENTA QUE UNA VEZ RELLENADAS SUS APORTACIONES, PARA PODER ADJUNTAR EL DOCUMENTO DE CADA APORTACIÓN DEBERÁ SEGUIR LOS SIGUIENTES PASOS:
1. Pinchar en el enlace superior "Generar Documento Definitivo".
2. Pinchar en el botón "Cancelar" para volver a su solicitud.
3. Acceder al apartado del menú "Documentación".
4. Adjuntar los documentos deseados.
5. Volver a pinchar en el enlace superior "Generar Documento Definitivo" y termine de enviar su solicitud.


Se utilizamos esta opción, temos que ir introducindo os pdfs por tramo de solicitude e aportación:
Podo asinar a solicitude co meu certificado dixital?
Para asinar a solicitude cómpre usar a sinatura electrónica, e para iso é necesario contar cun certificado dixital.
Na páxina de rexistro de solicitudes explícase o proceso:
Como e onde asino dixitalmente a miña solicitude?
Desde a solicitude, prema en "Xerar documento pendente de rexistro" do menú superior e siga as instrucións.

Previamente cómpre ter configurada a Autofirma. Se dispón dun certificado electrónico o equipo debe ter unha instalación correcta de autofirma e o certificado electrónico debe estar vixente. Consulte este manual en caso de dúbida: https://sede.micinn.gob.es/stfls/eSede/Ficheros/Manuales/ConfiguracionEntornoFirma.pdf.

O rexistro da solicitude realízase desde a páxina https://sede.micinn.gob.es/firmarsolicitud/. Introduza os seus datos de acceso e localice o documento no apartado Listado de Rexistro de Documentación. Seleccione o a referencia e pinche en "iniciar proceso de firma". 

 

Como podo confirmar que enviei correctamente a miña solicitude?
Entre na páxina de sinatura electrónica do Ministerio: https://sede.micinn.gob.es/firmarsolicitud/. Acceda co seu usuario e contrasinal e localice o "Listado de rexistros de documentación". Observe se o documento de solicitude ten unha referencia do tipo SSEX1900XxxxxxXV0, onde os x corresponde aos números da súa referencia.

Seleccione a referencia e clique no botón "Información do rexistro". Na nova pantalla aparecen dúas opcións:
  • "Visualizar", que lle permite descargar o PDF definitivo da solicitude,
  • "Ver xustificante", que permite descargar o xustificante de firma, sempre que a celda "Data da firma" amose un valor de data e hora na que asinou electronicamente a súa solicitude
Se pode ver información sobre data e hora de sinatura e descargar o PDF de xustificante de rexistro, a solicitude foi rexistrada con éxito.
Teño que presentar a solicitude no rexistro da Universidade de Vigo?
O persoal funcionario non ten que presentar ningunha documentación na Universidade de Vigo.

As persoas con contrato temporal ou interinidade teñen que entregar no rexistro da Universidade de Vigo o xustificante de ter presentado a súa solicitude na aplicación do ministerio, segundo se recolle na Resolución do 7 de xaneiro de 2020 da Universidade de Vigo.
Cal é o prazo de presentación do xustificante no rexistro da Universidade de Vigo?
Na resolución da Universidade de Vigo non se especifica un prazo para a presentación do xustificante no rexistro da Universidade de Vigo. A solicitude ten que ter sido presentada na aplicación do ministerio dentro do prazo establecido (do 15 ao 31 de xaneiro) pero non é necesariamente ese mesmo o prazo para a presentación do xustificante na Universidade de Vigo.
Que é a bibliometría narrativa?
A utilización de indicadores bibliométricos para xerar narrativas que permitan a defensa das aportacións individuais dentro das políticas de avaliación fomentadas por CoARA
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158