INFOODS
Rede internacional de sistemas de datos sobre alimentos cuxa finalidade é mellorar a calidade, dispoñibilidade, fiabilidade e utilización dos datos de composición de alimentos.
EuroFIR (The European Food Information Resource)
Organización a nivel europeo que ten coma obxectivo desenvolver e publicar información sobre a composición alimentaria, e promover a cooperación internacional e a harmonización de normas.
BEDCA (Base de Datos Española de Composición de Alimentos)
Base de datos creada por centros de investigación públicos, administración e institucións privadas co obxectivo de incorporarase a outras bases de datos europeas dentro da Asociación
EuroFIR AISBL, encargadas de elaborar unha plataforma unificada e con estándares de calidade das bases de datos de composición de alimentos europeas.
ANSES/Ciqual (French food composition)
Ciqual recolecta, avalía e publica os datos de composición nutricional dos alimentos consumidos en Francia.
USDA Food Composition Databases
Base de datos sobre composición dos alimentos da United States Department of Agriculture.
Office of Dietary Supplements (ODS)
Información sobre suplementos dietéticos proporcionada polo U.S. Department of Health & Human Services.