Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR E ELABORAR REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Esta guía ofrece unha visión xeral sobre que é citar e os estilos de cita máis utilizados.
(Última actualización: setembro 2014)
Que é citar / referenciar?

Cando realizamos un traballo, unha investigación, consultamos diversas fontes de información e estas teñen unha autoría da que nos facemos debedores ou debedoras. 
 

Citar é facer unha referencia a ditas fontes, recoñecendo que utilizamos o traballo e/ou ideas doutra persoa no noso escrito.


Ao citar, ademais de que é unha obriga moral:
  • Dámoslle credibilidade ao noso traballo: as referencias dan evidencias da nosa investigación e do tipo de fontes que consultamos. 

  • Facilitamos aos lectores e lectoras máis información e permitímoslles recuperar as fontes que empregamos. 

  • Evitamos o plaxio. Non só cometemos plaxio cando presentamos como propio un documento elaborado por outro, tamén se considera plaxio copiar ou parafrasear ideas ou outros textos doutras fontes sen indicalo.

Cando citar?
Sempre que usamos os traballos e ideas doutras persoas, independentemente de que estean editados ou sexan inéditos, do soporte e da forma de acceso á información.
Isto inclúe todo tipo de documentos: escritos, imaxes, audiovisuais, gráficos, calquera información tomada de internet e tamén a comunicación «persoal» como cartas, conversacións etc. 

Non é necesario citar cando se trata de feitos ou datos xeralmente coñecidos
Exemplo:  Felipe González foi elixido presidente no ano 1982.
 
Consello: No caso de dúbida, cita sempre.
Como citar?
Os termos citar, referenciar etc., poden ser confusos e frecuentemente úsanse indistintamente. 

Todos os estilos de cita/referencia  inclúen 3 pasos: 
 
  1. - Como facer a cita no texto 

  2. - Como redactar as referencias 

  3. - Como ordenar as referencias dentro dunha listaxe ou bibliografía 


Denominamos: 

Cita no texto: sinal ou marca que introducimos no texto e que nos remite á referencia do documento que citamos. Os sistemas máis utilizados son: 
  • Un número: remite a unha nota a pé de páxina ou a unha listaxe de referencias ordenada polo número. 
  • Nome do autor-data: remite a unha listaxe de referencias ordenada polo apelido do autor/a 
Referencia: descrición bibliográfica  do documento citado. Ten que ter os datos suficientes para que o lector/a poda identificalo sen erro. 

Non hai unha normativa única para citar e elaborar referencias bibliográficas, senón que conviven diferentes normas e estilos.

Visualiza este sinxelo videotitorial: Como citar y elaborar referencias bibliográficas (dacordo ca norma APA) elaborado por CI2

        Como citar y elaborar referencias bibliográficas
As normas e estilos de cita máis utilizados

Existen diferentes normas e estilos para citar e elaborar as referencias bibliográficas.
A elección do estilo pode vir  indicada polo titor /a do traballo no caso do alumnado ou pola revista, editorial, congreso  etc. no caso  dos  investigadores.
Na seguinte táboa están recollidos os estilos máis utilizados nas distintas disciplinas.
 

 


Nome


Ámbito de            coñecemento

   
Guías e titoriais  

 Norma ISO   Multidisciplinar
 Estilo ACS
  Química
 Estilo APA   Ciencias Sociais,
  Deportes
 Estilo  CHICAGO  Arte e  Humanidades  (variante  numérica).  Ciencias  naturais  (variante Autor-  data)
  Estilo   HARVARD Ciencias Sociais, Ciencias Físicas e   Naturais
  Estilo IEEE  Enxeñería e  Ciencias  da  Computación
  Estilo MLA  Língua e literatura
 Estilo  VANCOUVER  Ciencias da  saúde
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte à Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988387158

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso etc., solicítanos unha sesión formativa