Localizador de recursos electrónicos
Xestores Bibliográficos

O obxectivo desta guía é explicar que é un xestor bibliográfico e que vantaxes ten utilizalo. Ademais podes consultar as guías específicas dos xestores máis empregados.

(última actualización, xullo 2020)
Que son e para que serven

Que é un xestor bibliográfico

Un xestor bibliográfico é un administrador de referencias bibliográficas de uso persoal. Facilita a recompilación de información de xeito automatizado e posibilita utilizar estes datos para inserir doadamente citas nos textos ou crear bibliografías nos diferentes estilos de citación.
 

Para que serve

  • Organizar e xestionar a bibliografía.
  • Importar referencias de diferentes fontes: bases de datos en liña, catálogos de bibliotecas, arquivos de texto, etc.
  • Inserir citas e bibliografía mentres se está redactando o texto, creando bibliografías en diferentes estilos e formatos.
 

Que vantaxes ten utilizalo

  • Aforro de tempo e traballo á hora de recompilar, gardar e xestionar as referencias bibliográficas.
  • Adaptación ás novas necesidades do investigador: xestionar a enorme cantidade de información, variedade de fontes e compartir coñecemento coa comunidade investigadora.
Funcionalidades básicas
Existen unha serie de funcionalidades básicas comúns a todos os xestores:

Almacenamento: almacenan referencias recuperadas de diferentes fontes de información: bases de datos, catálogos, repositorios, web, etc.

Organización: organizan as referencias bibliográficas nunha base de datos persoal permitindo:
  • Almacenamento e recuperación
  • Clasificación
  • Control de autoridades
  • Detección e eliminación de duplicados
Utilización: integran estas referencias automáticamente nun texto en forma de citas e xeran bibliografías:
  • Xeración de bibliografías
  • Integración das referencias nun texto en forma de citas e xeración automática de bibliografías
  • Compartir referencias con outros usuarios
Funcionalidades “Extras” (J.A. Barrera)
  • Almacenar e compartir documentos en liña.
  • Extraer metadatos de forma automática.
  • Traballar online/offline sen diferenzas
  • Ser compatible con diferentes dispositivos e sistemas operativos
  • Ofrecer un perfil de investigador
Principais Xestores Bibliográficos
 

Xestor en liña que permite recompilar, importar e organizar referencias bibliográficas dende calquera dispositivo con conexión a internet. Permite inserir citas ou crear bibliografías de xeito sinxelo en múltiples estilos de cita. Inclúe ferramentas para o traballo colaborativo e un lector de textos. A Biblioteca Universitaria a través dunha subscrición institucional, ofrece o acceso ao RefWorks a todos os membros da comunidade universitaria.




Mendeley é ao mesmo tempo un xestor de bibliografías, un lector de PDF, un sistema para almacenar e organizar documentos, un buscador de información científica e unha rede social académica na que compartir citas bibliográficas e publicacións. Hai unha versión gratuita (Free) e só é preciso rexistrarse para utilizalo.


 

Xestor en liña de Thomson Reuters que se encontra dispoñible dentro de ISI Web of Science (WoS). A Biblioteca Universitaria como subscritora da WoS ofrece o acceso a EndNote Basic aos membros da comunidade universitaria.


 

É unha extensión libre para o navegador que permite aos usuarios recolectar, administrar e citar investigacións de todo tipo. Importa datos directamente dende as páxinas web visualizadas no momento.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Como pasar as referencias dun xestor a outro
Exportar referencias de EndNote Basic a ...
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso etc., solicítanos unha sesión formativa
Guias relacionadas