Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO VANCOUVER



Denomínase “estilo Vancouver” ao marcado nas “Recomendaciones para la conducta, presentación de informes, edición y publicación de Trabajo académico en revistas médicas (última versión 2019), dictadas polo International Committee of Medical Journal Editors.

Polo que respecta ás referencias bibliográficas, estas “Recomendacións (…)” remiten ao estilo e formatos establecidos pola National Library of Medicine de EEUU (NLM) para as súas bases de datos (PubMed/Medline, MeSH…).
Seguindo esta liña, a presente guía baséase nas recomendacións recollidas pola NLM na súa publicación Citing Medicine: The NLM Style Guide for Authors, Editors, and Publishers (2nd edition). Pódese consultar libremente esta fonte para ampliar información e consultar exemplos de referencias bibliográficas.

(Última actualización: xuñoo 2021)
Elaboración de referencias bibliográficas. Pautas xerais
Segundo as Recomendacións do Comité Internacional, todas as referencias bibliográficas, así como as táboas e lendas deberán figurar numeradas consecutivamente na orde de mención no texto, con números árabes entre paréntese.
 
  • Os datos para a elaboración da referencia bibliográfica obteranse do documento ao que se refire, sempre que sexa posible.
  • Transcribiranse os datos na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do traballo.
Por exemplo, para introducir a URL dun documento electrónico utilizaremos segundo a lingua na que escribamos o noso traballo:
En galego*:  Dispoñible en:
En castelán:  Disponible en:
En inglés:  Available from:

            *Nesta guía empregaremos o galego en todas as anotacións libres dentro das referencias bibliográficas dos exemplos.

Ten en conta
  • A mención de autor en artigos de revista (en formato impreso e/ou electrónico) sempre é Apelido(s), espazo, inicial(is) de nome. No caso de autoría múltiple
  • transcríbense todos (físicos e/ou entidades), separados por coma e espazo
  • se son máis de 10, pódense transcribir estes 10 autores e engadir a abreviatura et al.
 
  • A mención de autor en libros e capítulos de libros (impresos ou electrónicos) sempre é Apelido(s), espazo, inicial(is) de nome. No caso de autoría múltiple
  • transcríbense todos (físicos e/ou entidades), separados por coma e espazo
  • opcionalmente, pódense transcribir os tres primeiros autores, seguidos da abreviatura et al..

Nota: as Recomendacións, aínda na versión consultada en castelán, están pensadas para unha relación bibliográfica redactada en inglés, e por esta razón no momento de adaptalas ao noso ámbito hispano pódense producir diferenzas de interpretación.
Cita no texto

Segundo a NLM, hai tres opcións de formato para as citas inseridas no texto:
 

numérica con orde de aparición no texto, mantendo a mesma orde na lista final de referencias bibliográficas.
númérica con orde alfabética. As referencias finais quedarán ordeadas alfabéticamente e o seu número correlativo será o empregado na cita.
alfabético-numérica (apelido do autor e ano de publicación). Neste caso as referencias finais organizaránse alfabéticamente e dentro delas por ano de publicación.
 
No que se refire ás citas no texto numéricas, acéptase que estes números aparezan en formato superíndice1, entre paréntese () ou entre corchetes [] logo da puntuación final.
As citas no texto de formato (Apelido de autor ano de publicación) non levan coma (,) separando ambos campos. Ex.: (López 2019).

* Para os exemplos ilustrativos desta guía optouse por citar con formato superíndice, ademáis de empregar o idioma galego cando corresponde.
 
Ex.:
Se han incluido todos los sujetos del estudio original.1
 
No caso de utilizar a mesma fonte varias veces dentro do texto, usaráse sempre o mesmo número para identificala.
 

Ten en conta: 
 
Cómpre consultar sempre co titor, profesor… o formato a seguir.
 
O formato elixido tense que aplicar por igual en todo o documento.
 


 CASUÍSTICAS DE CITAS NO TEXTO
 

1. Citar máis dunha fonte ao tempo.
Deberáse incluír un número por cada fonte citada. Se son consecutivos, irán unidos por guion; e se non son correlativos, separados por coma.
 
Exs.:
Varios estudios 6-9, 13 han analizado el efecto del alcohol en la conducción.
… otros utilizan un panel de expertos para evaluar la comprensibilidad. 28, 31-33

2. Introducir unha cita textual.
Cómpre utilizar comiñas “ “ e engadir o número da páxina ao número da cita, utilizando paréntese e a abreviatura (p.  ) .
A copia ou duplicación de tablas, diagramas, imágenes, etc. trataráse tamén coma cita textual.
 
Ex.:
.. como lo ha dicho un autor "los días más oscuros aún estaban por venir". 1 (p.23)

3. Citar o nome do autor no texto.
Neste caso, tamén inserirase o número de cita.
 
Ex.:
Según López 2 (p.1) “el rol del cuidador informal conlleva una carga física y emocional elevada”.
 
4. Citar o nombre de máis dun autor do texto.
Deberase transcribir o apelido do primero autor e engadir a abreviatura latina et al. (=et alii, =e outros).
 
Ex.:
Varekamp et al. 9 (p.6) lo definen como un proceso para ayudar a los pacientes (…)
Referencia bibliográfica. Publicacións periódicas impresas
REVISTA IMPRESA
 
Título da revista: Subtítulo. Lugar de publicación: Editor. Vol.  , No.  , ano de comenzo de publicación - Vol.  , No.  , ano de fin de publicación.*
*Se a revista cesou a publicación. Se continúa publicándose, esta segunda parte do guión queda baleira.

Exs.:
Nitric Oxide: Biology and Chemistry. Official Journal of the Nitric Oxide Society. Orlando: Academic Press. Vol. 1, No. 1, feb 1997 -  .  


 
A fonte de información para extraer estes datos é, en orde de preferencia: (1) páxina de título do artigo, (2) a cuberta da revista e (3) o encabezado.

 
ARTIGO DE REVISTA IMPRESA
 
    Autor(es). Título artigo. Tít. Abrev. Rev. ano mes;volume(número):páxinas.

 
Ex.:
Torres-Ortega C, Peña-Amaro P. Adaptación cultural de la escala de incertidumbre de Mishel en el paciente tratado con hemodiálisis. Enferm. Clin. 2015;25:9-18.

 
Ten en conta:

Título de artigo 
  • En letra redonda.
  • Non é necesario incluír un encabezado tipo “noticias” “informe de caso”, “estudo clínico” como parte do título, se non o indica expresamente a tabla de contidos.
  • No caso de títulos con grafía non latina (sueco, noruego, ruso…) pódese traducir* o título para o castelán, ou para inglés, empregando corchetes, e indicando o idioma orixinal no final da referencia bibliográfica.
                  * Para máis información respecto ás traducións dos títulos de artigo, consulta o enlace NLM “articles title non english”, e o portal Fisterra.

Título de revista 
                   *Para comprobar as abreviaturas de revistas españolas, pódese consultar o catálogo C17
                    (Catálogo colectivo de publicaciones periódicas de las Bibliotecas de Ciencias de la Salud Españolas).

Codificación de revista
  • Se unha revista -a maioría no ámbito médico- leva unha paxinación continua no volume, omitiráse o mes e o número de emisión.​
Referencias bibliográficas. Publicacións periódicas electrónicas
REVISTA ELECTRÓNICA
 
Título completo de revista* [Internet]. Lugar de edición: Editorial. Vol.  , n.  , mes ano – Vol.  , n.  , mes ano [data de consulta]. Dispoñible en: URL

*en idioma latino orixinal. Para outros idiomas non latinos, deberase traducir e engadir indicación de lingua orixinal ao final da referencias.
Ex.:
Atención primaria [Internet]. Barcelona: Doyma. Vol.  25, n. 1 ene 2000 – [acceso o 19 de febreiro de 2019] Dispoñible en: https://www.sciencedirect.com/journal/atencion-primaria?sdc=1
 
Se a revista xa está pechada, cómpre indicar o primeiro e o derradeiro número da publicación.
 
Ex.:
European Journal of Biochemistry [Internet]. Oxford (UK): Blackwell Science Ltd. Vol. 259, No. 1-2, Jan 1999 - Vol. 271, No. 23-24, Dec 2004 [cited 2007 Jan 25]. Available from: http://content.febsjournal.org/
 
Neste enlace da NLM (en inglés) dispós de máis exemplos ilustrativos de casuísticas de revistas (pechadas, con variacións no título, subtítulos etc.).

 
ARTIGO DE REVISTA ELECTRÓNICA
 
Autor/es do artigo. Título do artigo. Tit. Rev.Abr. [Internet]* ano mes [acceso data de consulta]**; volume(número):[Extensión/páxinas].*** Dispoñible en: URL

 

* aínda que NLM só indica [Internet[, o portal Fisterra suxire tamén outras entradas: [Revista on-line], [Revista en Internet], [Revista en línea]. 
** [acceso data], [consultado data], [citado data]                                                            
*** Se constasen a cantidade de páxinas do artigo [cerca de x p.] [arredor de x p.]
 
Exs.:
Francés I, Barandiarán M, Marcellán T, Moreno L. Estimulación psicocognoscitiva en las demencias. An Sist Sanit Navar [Internet]. 2003 sep.-dic. [acceso 19 de octubre de 2005]; 26(3). Dispoñible en: http://www.cfnavarra.es/salud/anales/textos/vol26/n3/revis2a.html
 
Abood S. Quality improvement initiative in nursing homes: the ANA acts in an advisory role. Am J Nurs [Internet]. 2002 Jun [cited 2002 Aug 12];102(6):[about 1 p.]. Available from: https://ovidsp.tx.ovid.com/Subscription required.
 
Lembra sempre debes concordar idiomáticamente estas indicacións co idioma no que se elabora o documento, e facelas sempre do mesmo xeito.
 
Ten en conta:
 
  • Artigo con número de documento que sustitúe ao número de páxinas que ocupa: este número identificativo vai en corchetes e logo da codificación volumen(número)
Ex.:
Williams JS, Brown SM, Conlin PR. Videos in clinical medicine. Blood-pressure measurement. N Engl J Med [Internet]. 2009 Jan 29;360(5):e6. PubMed PMID: 19179309
  • Artigo electrónico con DOI (Document Object Identificator). Nestes caso, o DOI engádese logo da codificacón de volumen(número) e a extensión de páxinas se procede, e xa non se transcribe o URL da referencia.
Ex.:
Zhang M, Holman CD, Price SD, Sanfilippo FM, Preen DB, Bulsara MK. Comorbidity and repeat admission to hospital for adverse drug reactions in older adults: retrospective cohort study. BMJ [Internet]. 2009 Jan 7;338:[a2752]. doi: 10.1136/bmj.a2752. PubMed PMID: 19129307; PubMed Central PMCID: PMC2615549.
 

Neste enlace de Fisterra pódense consultar máis exemplos e casuísticas para este tipo de referencias.
Referencia bibliográfica. Publicacións monográficas impresas
 
LIBROS e MONOGRAFÍAS IMPRESAS
 
Autor/es. Título del libro: Subtítulo. Edición. Lugar de publicación: Editorial; año.

Ex.:
Peiró S, Ridao M. Experiencias autonómicas en la gestión de las listas de espera. Madrid: Fundación Instituto de Investigación en Servicios de Salud, Ministerio de Sanidad y Consumo; 2004.
 
Ten en conta:
 
  • Unha entidade ou organización pode figurar como autora responsable.
Ex.:
Comunidad de Madrid. Plan de Salud Mental de la Comunidad de Madrid 2003-2008. Madrid: Comunidad de Madrid, Consejería de Sanidad; 2002.
 
  • Para director(es), compilador(es) en función de autor, engádese indicador de función* logo do nome. Pero se figuran como responsables tanto autores coma directores, omítese a indicación de función.
Ex.:
Gilstrap LC 3rd, Cunningham FG, VanDorsten JP, editors. Operative obstetrics. 2nd ed. New York: McGraw-Hill; 2002.
 
* En inglés o termo “editor” refírese ao noso “director”, “compilador”,” coordinador” e serán eses os termos a utilizar na referencia bibliográfica, diferenciando así do editor comercial do ámbito hispano. Recoméndase empregar “director” no caso de revistas; e “director, compilador ou coordinador” no canto de monografías. Porén, nas publicacións non anglosaxonas é frecuente a presenza do anglicismo “editor” para expresar a función de “director”. Se figura ese termo no documento, terase que conservar. 
 
 
 
CAPÍTULOS DE LIBROS IMPRESOS
 
Autor(es). Título de capítulo. En: Autor/director… Título de monografía. Lugar: Editora; año. p. xx –xx.

 
Ten en conta:
 
  • O título principal da monografía vai precedido da preposición En:
  • Na parte última da referencia a mención de páxinas do capítulo vai introducida coa abreviatura p.
Exs.:
Mehta SJ. Dolor abdominal. En: Friedman HH, coordinador. Manual de Diagnóstico Médico. 5ª ed. Barcelona: Masson; 2004. p. 183-90.
 
Meltzer PS, Kallioniemi A, Trent JM. Chromosome alterations in human solid tumors. In: Vogelstein B, Kinzler KW, editors. The genetic basis of human cancer. New York: McGraw-Hill; 2002. p. 93-113.

 
ACTAS DE CONGRESOS, SIMPOSIUMS, SEMINARIOS etc.
 
Nombre oficial de congreso. Lugar de celebración do congreso; día(s) de mes ano. Lugar de edición: Editorial; año edición.
 
Ex.:
Segundo Congreso Nacional de la Asociación Española de Vacunología. Las Palmas de Gran Canaria; 13-15 de Noviembre 2003. Madrid: Asociación Española de Vacunología; 2003.
 
Ten en conta:
 
  • Non se debe confundir o lugar de celebración dun congreso co lugar de edición da editora dese libro de actas do Congreso.
 
 
COMUNICACIÓNS/PONENCIAS presentadas en Congresos, Xornadas, Simposios, Reunións científicas…
 
Autor/es da comunicación/ponencia. Título da comunicación/ponencia. En: Título oficial do Congreso. Lugar de publicación: Editorial; ano. páxina inicial-final da comunicación/ponencia.

 
Ex.:
Castro Beiras A, Escudero Pereira J. El Área del Corazón del Complejo Hospitalario “Juan Canalejo”. En: Libro de Ponencias: V Jornadas de Gestión y Evaluación de Costes Sanitarios. Bilbao: Ministerio de Sanidad y Consumo, Gobierno Vasco; 2000. p. 12-22.

 
INFORMES TÉCNICOS E CIENTÍFICOS
 
     Autor/es. Título do informe. Lugar de publicación: Organismos/Editorial; ano. Número o serie identificativa do informe.

 
Exs.:
Organización Mundial de la Salud. Factores de riesgo de enfermedades cardiovasculares: nuevas esferas de investigación. Informe de un Grupo Científico de la OMS. Ginebra: OMS; 1994. Serie de Informes Técnicos: 841.

Ahn N, Alonso Meseguer J, Herce San Miguel JA. Gasto sanitario y envejecimiento. Madrid: Fundación BBVA; 2003. Documentos de trabajo: 7.

 
TESES DE DOUTORAMENTO
 
Autor. Título da tese [tese de doutoramento]*. Lugar de publicación: Editorial; ano.

*: en inglés: [dissertation]; en castelán [tesis doctoral]
 
Ex.:
Muñiz Garcia J. Estudio transversal de los factores de riesgo cardiovascular en población infantil del medio rural gallego [tese de doutoramento]. Santiago: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago; 1996.

 
ARTIGOS EN PRENSA, PATENTES, AUDIOVISUAIS, TEXTOS LEGAIS, MAPAS, DICIONARIOS etc..

Por cuestión de espazo non podemos esquematizar todos os tipos de publicacións impresas. Por favor preme neste enlace de Fisterra  “Otros trabajos publicados” e verás exemplos destas tipoloxías documentais.

 
MATERIAL NON PUBLICADO [preprints e de próxima publicación]

Na referencia bibliográfica de orixinais aceptados pero aínda non publicados utilizarse a expresión próxima publicación (tradución do inglés "forthcoming" indicado pola NLM) porque non todos los artigos aceptados son publicados finalmente.
Ex.:
Tian D, Araki H, Stahl E, Bergelson J, Kreitman M. Signature of balancing selection in Arabidopsis. Proc Natl Acad Sci U S A. Forthcoming 2002.

 
Os preprint, é dicir, borradores completos e públicos de documentos científicos aínda non certificados por revisión por pares, referenciaranse engadindo a anotación [Preprint] no canto da codificación de publicación. A meirande parte deles serán publicados en liña, de ahí que tamén sexan coñecidos coma e-prints.
 
Exs.:
Alvarez R. Near optimal neural network estimator for spectral x-ray photon counting data with pileup. arXiv:1702.01006v1 [Preprint]. 2017 [cited 2017 Feb 9]: [11 p.]. Available from: https://arxiv.org/abs/1702.01006

Bar DZ, Atkatsh K, Tavarez U, Erdos MR, Gruenbaum Y, Collins FS. Biotinylation by antibody recognition- A novel method for proximity labeling. BioRxiv 069187 [Preprint]. 2016 [cited 2017 Jan 12]. Available from: https://doi.org/10.1101/069187
 
Referencia bibliográfica. Publicacións monográficas electrónicas
LIBROS E MONOGRAFÍAS EN INTERNET
 
Autor/es o Director/Coordinador/Editor. Título. [Monografía en Internet]*. Edición. Lugar de publicación: Editor; año [data de consulta]Dispoñible en: URL


*as directrices da NLM solo indican [Internet]. Segundo Fisterra esta indicación pode ser tamén expresada por: [Monografía en línea], [Internet], [Libro en Internet].
Ex.:
Moraga Llop FA. Protocolos diagnósticos y terapéuticos en Dermatología Pediátrica. [Monografía en Internet]. Madrid: Asociación Española de Pediatría; 2003 [acceso 19 de decembro de 2005]. Dispoñible en: http://www.aeped.es/protocolos/dermatologia/index.htm


CAPÍTULOS DE MONOGRAFÍAS EN INTERNET
Comence a referencia coa mención de autor e título do capítulo, seguido da palabra En: e información sobre o libro completo.
 
Autor(es) do capítulo, función. Título do capítulo [Internet]. En: Autor(es). Título da monografía. Edición. Lugar de edición: Editorial; año [data de acceso].   p*. Dispoñible en: URL


* A principal diferenza entre citar unha parte de libro impreso e un libro de Internet está na expresión da paxinación da parte. A non ser que sexa un capitulo dun libro en formato PDF, os números de páxina non están disponibles. Nestes casos recoméndase calcular a extensión en termos do número páxinas, pantallas, párrafos, bytes e indicalo entre corchetes coa indicación [cerca _ ], [c._ ], en inglés [about_ ].

Ex.:
Angelmar R, Berman P. Patient empowerment and efficient health outomes [Internet]. En: Cox P, editor. Financing sustainable healthcare in Europe. Helsinki: New Approaches for New Outcomes; 2007 [acceso 19 de febreiro de 2019]. [c12 p.]. Dispoñible en: https://med.over.net/javne_datoteke/novice/datoteke/10483-Report_3.pdf

 
Referencia bibliográfica. Outros documentos electrónicos

1.- Documentos en CD-ROM e outros soportes
 
Autor/es. Título [CD-ROM]. Edición. Lugar: Editorial; ano.

Ex.:
Best CH. Bases fisiológicas de la práctica médica [CD-ROM].  13ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2003.

*Nota: Este exemplo é aplicable a outros soportes: [DVD], [Disquete]… 
Ademáis, pódese engadir o tipo de documento electrónico: [Monografía en CD-ROM], [Revista en CD-ROM] etc.


2.- Sede Web ou Páxina principal de inicio dun sitio Web

Unha páxina de inicio defínese coma a primeira páxina dunha sede Web.
 
Autor/es. Título [Internet]*. Edición. Lugar de publicación: Editor; data de publicación [data de actualización; data de acceso]. Dispoñible en: URL

* Fisterra aclara que tamén se pode empregar: [Página principal en Internet], [Internet], [Página de inicio en Internet], [Páxina principal en Internet], [Páxina de incio en Internet], [Homepage], [Sede Web]. A National Library of Medicine só menciona [Internet].

Exs.:
D'Alessandro, Donna M.; D'Alessandro, Michael P. Virtual Pediatric Hospital™: a digital library of pediatric information [Internet]. [Iowa City (IA)]: Donna M. D'Alessandro; c1992-2007 [revised 2006 Jul 20; cited 2007 Feb 20]. Available from: http://www.virtualpediatrichospital.org/

eatright.org [Internet]. Chicago: Academy of Nutrition and Dietetics; c2016 [cited 2016 Dec 27]. Available from: https://www.eatright.org/


3.- Parte dunha páxina dun sitio ou sede Web

Para citar só un compoñente dun sitio web, como unha páxina ou páxinas específicas, hai que ter en conta se ese compoñente pode ser independente para poder citarse por separado. Un libro ou outra monografía, unha revista, o unha base de datos nun sitio web deberanse citar de acordo coas instruccións para cada tipo de formato en particular.

 
Título da páxina do sitio web [Internet]*. Lugar de publicación: Editor; Data de publicación do sitio web. Autor. Título da parte; data de publicación da parte [data de acceso á parte][número de páxinas ou pantallas]Dispoñible en: URL

* Seguindo a Fisterra, pódese substituír por: [Página principal en Internet], [Internet], [Página de inicio en Internet], [Páxina principal en Internet], [Páxina de inicio en Internet], [Homepage], [Sede Web]. A National Library of Medicine só menciona [Internet].

Exs.:
Fisterra [sede Web]. Madrid: Elsevier España; 2019. Estilo de Vancouver: Requisitos de Uniformidad para Manuscritos enviados a Revistas Biomédicas; [actualizada o 5 de abril de 2004; acceso 19 de febreiro de 2019]; [c3 pantallas]. Dispoñible en: https://www.fisterra.com/herramientas/recursos/vancouver/

Chlamy Center: an Online Informatics Resource for Chlamydomonas [Internet]. Durham (NC): Duke University, Department of Biology; [modified 2007 Mar 8]. Core collections; modified 2006 Jan 25 [cited 2007 Mar 27]; [about 3 screens]. Available from: http://jupiter.biology.duke.edu/strains.html

 

5.- Blogs
 
Ao referenciar un blog, hai que ter en conta que:
  • ​A palabra “blog” pode ou non formar parte do título. Se non é o caso, é recomendable indicalo no tipo de contido [blog en Internet].
  • Autor e editor adoitan ser a mesma persoa.
  • O lugar de publicación pode non figurar. Nestes casos transcribirase a cidade do autor.
  • A data de comenzo do blog non é fácil de constatar. Pódese empregar a data do primeira mensaxe publicada (normalmente gardada en arquivo), e colocala entre corchetes.
  • A data de actualización omitirase da referencia por non ser útil dada a actualización diaria do blog.• Sempre hai que comprobar a autorización para citar a información, nas pantallas de apertura, a parte inferior, as pantallas de peche, a barra lateral e/ou o código fonte.
 
 
Autor/editor. Título [Tipo de medio]. Lugar de publicación: Editor. Data de publicación -  [data de acceso]. Dispoñible en: URL
 
Exs.:
Bernstein M. Bioethics Discussion Blog [Internet]. Los Angeles: Maurice Bernstein. 2004 Jul -   [acceso 16 de maio de 2007]. Dispoñible en: http://bioethicsdiscussion.blogspot.com/
 
KidneyNotes.com [blog en Internet]. New York: KidneyNotes. c2006 -   [acceso 16 de maio de 2007]. Dispoñible en: http://www.kidneynotes.com/
 
Wall Street Journal. HEALTH BLOG: WSJ's blog on health and the business of health [Internet]. Hensley S, editor. New York: Dow Jones & Company, Inc. c2007 -   [acceso 13 de febreiro de 2009]. Dispoñible en: https://blogs.wsj.com/health/
 
6.- Contribucións nun blog
 
  • En moitos blogs publícanse artigos e outros documentos publicados inicialmente noutros lugares. Non se deben citar estos artigos coma contribucións a un blog, deberase localizar o orixinal e citalo convenientemente.
  • As mensaxes do blog considéranse comunicacións persoais e normalmente non se permite que se inclúan nunha lista de referencia. Recoméndase colocalas a modo de citas no texto acompañadas dun termo –por exemplo, “notas”- que indique que esta cita non está representada na lista de referencias.
Ex.: …and many nurses involved with such cases (Mar 22, 2007 posting by RS Grant to Nurse Studio Blog; unreferenced, see "Notes") report…
  • Cando se inclúe na lista de referencias finais deberase solicitar un permiso por escrito ao autor/editor e incluílo nun apartado “Agradecementos” ou “Notas” do documento.
  • Recoméndase ter gardados estes documentos noutros soportes para futuras citas, posto que os blogs non se poden arquivar ou retirar mensaxes individuais.
 
Autor de la contribución. Título de la contribución. Data da publicación da contribución [data da citación]. En: autor/editor do blog [Tipo de medio]. Lugar de publicación: Editor. Data de publicación -  [data de acceso]. Dispoñible en: URL
 
Ex. de contribución nun blog por parte do responsable do mesmo:
 
Kraft M. The Krafty Librarian [blog on the Internet]. [Cleveland (OH)]: Michelle Kraft. [2004 Jun] -   . Collaborative technologies and science: more tools or more risk? 2008 Jan 21 [cited 2008 Apr 28]; [about 1 screen]. Available from: http://kraftylibrarian.com/2008/01/collaborative-technologies-and-science.html

Ex. doutras aportacións nun blog:

Mantone J. Head trauma haunts many, researchers say. 2008 Jan 29 [cited 2008 Apr 28]. In: Wall Street Journal. HEALTH BLOG [Internet]. New York: Dow Jones & Company, Inc. c2008 -   . [about 1 screen]. Available from: http://blogs.wsj.com/health/2008/01/29/head-trauma-haunts-many-researchers-say/
 

6.- Wikis, listas de distribución, correos electrónicos...
 
Por cuestión de espazo non podemos esquematizar todos os tipos de publicacións electrónicas. Por favor, pincha neste enlace de NLM  “Electronic mail and discussion forums” para visualizar exemplos ilustrativos.

 
Máis información
(1) International Committee of Medical Journal Editors. Uniform Requirements for Manuscripts Submitted to Biomedical Journals: Writing and Editing for Biomedical Publication. Actualizado decembro 2018. [Internet]. CMJE; 2005 [acceso 19 de febreiro de 2019]. Dispoñible en: http://www.icmje.org/
 
(2) Patrias, Karen. National Library of Medicine recommended formats for bibliographic citation. [Internet]. Bethesda, MD: U.S. Dept. of Health and Human Services, Public Health Service, National Institutes of Health, National Library of Medicine; 1991 [acceso 19 de febreiro de 2019]. Dispoñible en: http://resource.nlm.nih.gov/9107575
 
(3) National Library of Medicine (NLM) Catalog [Internet]. Bethesda, MD: U.S. Dept. of Health and Human Services, Public Health Service, National Institutes of Health, National Library of Medicine; 1991 [acceso 19 de febreiro de 2019]. Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/nlmcatalog?Db=journals&Cmd=DetailsSearch&Term=currentlyindexed%5BAll%5D
 
(4) Fisterra [Sede Web]. Elsevier España; 2019 [actualizada o 5 de abril de 2004 ; acceso 19 de febreiro de 2019]. Estilo de Vancouver: Requisitos de Uniformidad para Manuscritos enviados a Revistas Biomédicas [c3 pantallas]. Dispoñible en: https://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/estilo-vancouver/#sec15