Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO MLA

                              


 

O Estilo MLA  emprégase no ámbito das Humanidades, Lingua e Literatura. Nesta guía ofrécese unha visión xeral do estilo e información complementaria.
(Última actualización: xuño 2023)
Cita no texto
No estilo MLA, a cita no texto inclúe só o apelido do Autor/a e o nº da páxina.
  • Se citamos un so autor inclúe o apelido e o número da páxina (Louro 15)
  • Se son 2 autores, a cita inclúe o apelido dos dous unidos por e / y / and  (Millet e Harris 112)
  • Se son 3 ou máis autores, inclúe o apelido do primeiro autor seguido de et al. e o número da páxina (Moure et al. 35)
  • Se hai 2 ou máis autores co mesmo apelido, hai que engadir a inicial do nome.
  • Se temos máis dunha obra do mesmo autor, engadiremos unha versión corta do título.
A forma de inserir estes datos depende da construción da oración na redacción.

a) Cita textual ou literal: caso no que transcribimos literalmente o que di outro autor/a, empregando as comiñas no texto:
 
 “Non se soubo establecer unha política precisa de língua por parte de ningunha das tendencias políticas” (Sarille 21)

 Como sinala Sarille:  “Non se soubo establecer unha politica precisa de língua por parte de ningunha das tendencias políticas” (21)

 Para este tipo de representación algúns autores sinalan "una cronología que podría remontarse a los inicios del III o incluso al IV milenio" (Bradley e Fábregas Valcarce 105) 

Citas textuais moi longas:
Se a cita textual excede as 4 liñas, transcribimos o parágrafo nunha nova liña con sangría e sen comiñas e, a continuación, a cita.
 
Como sinalan Bradley e Fábregas Valcarce:

                Un análisis meramente preliminar sobre la disposición en el paisaje del arte al aire libre en el área de contacto entre los grupos
                galaico y esquemático, nos ha proporcionado interesantes indicios de la existencia de cierta variabilidad e influencia mutua
                respecto a los patrones habitualies de emplazamiento de las estaciones. Una interacción semejante parece tener lugar por lo
                que ser refiere al repertorio iconográfico, que una vez más muestra unos rasgo muy peculiares en la zona situada al Sur de la
                ría de Vigo y en el Baixo Miño. (107) 
 


 
b) Cita indirecta: caso no que expresamos as ideas doutro autor/a coas nosas propias palabras: 
 
 De acordo con Sarille ningunha das tendencias políticas foi quen de articular unha política lingüística (21)...

 As distintas forzas políticas non foron capaces de articular unha política lingüística (Sarille 21)

 Esta teoría foi refrendada por Smith et al.
 
Referencias bibliográficas. Pautas xerais
Os datos para a elaboración da referencia bibliográfica obteranse do documento ao que se refire, sempre que sexa posible.
Transcribiremos os datos do documento citado na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo.
Referencia bibliográfica. Libro impreso
  Apelido(s), Nome. Título en cursiva. Editorial, ano.  
* O lugar de publicación, salvo excepcións, é opcional.
 
 Sarille, Xosé Manuel. A impostura e  a desorientación na normalización lingüística. Candeia, 2007. 


Se ten 2 autores:
 

Arxóns Álvarez, Mª Dolores, e Xavier Castro Domínguez. Antón Avilés de Taramancos: vida e obra. Edicións Xerais de Galicia, 2003.


Se ten 3 ou máis autores:
 

 Wysocki, Anne Frances, et al. Writing New Media: Theory and Applications for Expanding the Teaching of Composition. Utah State UP, 2004.


Se é unha edición especial, comentada etc. hai que engadir o nome do editor despois do título precedido de Editado por / Edited by.
 

 Austen, Jane. Sense and sensibility. Edited by Claudia Johnson. New York: Norton, 2001.  


Facer o mesmo se se desexa incluír o tradutor/a.
 

 Homero. A Ilíada. Traducido por Evaristo de Sela. Consello da Cultura Galega,1990.  


Cando o traballo está centrado na tradución, o traductor tómase como autor:
 

Sela, Evaristo de, tradutor. A Iliada. Por Homero, Consello da Cultura Galega, 1990.


Se é unha obra colectiva con director, coordinador, editor (non confundas o editor literario da obra coa editorial que a publica).
 

 Álvarez, Rosario, e Henrique Monteagudo, editores. Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego. Consello da
           Cultura  Galega, 2005. 
 
Referencia bibliográfica. Parte, capítulo dunha obra colectiva
Apelidos(s), Nome. “Título do capítulo, ponencia, parte entre comillas.” Título da obra colectiva en cursiva, Directores, compiladores, editores da obra. Lugar de publicación opcional: Editorial, ano, páxinas (p. / pp.)
 
 Fernández Rei, Elisa. “O estándard prosódico.” Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego, editada por
        Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo. Consello da Cultura  Galega, 2005, pp. 97-125. 
Referencia bibliográfica. Artigo revista impresa
Apelido(s), Nome. “Título do artigo entre comillas.” Título da revista en cursiva,  vol., nº, Ano de publicación, Páxinas (p. / pp.).
 
 Connolly de Pernas, Eduardo. “Guillermo Brown o la acracia infantil.” Hibris, nº 15, 2003, pp. 32-39 
Referencia bibliográfica. Publicacións en internet
Os elementos son os mesmos que os dos documentos impresos, pero coa particularidade de que non atoparemos moitos datos e outros teremos que adaptalos:
  • Se non aparecen datos coma a data, editor…, poden buscarse nunha fonte externa fiable, e citarse entre corchetes. Se non, omítense directamente.
  • A data de acceso á fonte, é opcional.
  • Recoméndase engadir a URL 
  • No caso dos artigos electrónicos é recomendable engadir o DOI (Digital Object Indicator) ou a URL 


Libros e monografías electrónicas
 
Apelido(s), Nome. Título do libro: subtítulo se o ten. Edición se a temos e non é a 1º, Editorial, Ano de publicación,  Nome do sitio web ou base de datos. DOI ou URL
 
  Boehmer, Elleke. Stories of Women: Gender and Narrative in the Postcolonial Nation. Manchester University Press, 2005. JSTOR,      
www.jstor.org/stable/j.ctt155j4ws
 


Artigo de revista electrónica
 
Apelido(s), Nome. "Título do artigo." Título da revista, Nome e apelido(s) de outros colaboradores (se os hai), Volume, Número, Data de publicación, Páxinas. DOI ou URL
(Nas publicacións periódicas pode omitirse o nome do editor. Se ten DOI, é moi recomendable engadilo.)
 
 Roberts, R., et al. "Optical and Radiocarbon Dating at Jinmium Rock Shelter in Northern Australia." Nature, vol. 393, no. 6683, 1998, pp. 358-362.
         doi  10.1038/30718  


Artigo nunha base de datos
 
Apelido(s), Nome. "Título do artigo." Título da revista, Nome e apelido(s) de outros colaboradores (se os hai), Volume, Número, Data de publicación, Páxinas. Título da base de datos, DOI ou URL
(Recoméndase engadir o DOI ou, de non telo, a URL.)
 
 Schmidt, C. "Warhol’s Problem Project: The Time Capsules." Postmodern Culture, vol. 26, no. 1, Sept. 2015. Project MUSE, doi:10.1353/pmc.2015.0020.
 
Givan, Benjamin. "How Mimi Perrin Translated Jazz Instrumentals into French Song." American Music, vol. 34, no. 1, 2016, pp. 87-109. JSTOR
         www.jstor.org/stable/10.5406/americanmusic.34.1.0087?seq=1#page_scan_tab_contents


Publicación na web
 
Apelido(s), Nome. “Título da publicación." Título da páxina web, Editor, Data de publicación, URL
 
 "Enigmatic Songwriter, Is Dead at 82.” The New York Times, Nov. 11, 2016, www.nytimes.com/2016/11/11/obituaries/leonard-cohen-
         dies.html?ribbon-ad-idx=5&rref=arts/music 


Post nun blog
 
Apelido, Nome do autor/a ou Nome de usuario/a se non temos o real. “Título do post no blog.” Nome do blog, Editora se a temos, Dia Mes Ano da publicación do post no blog, URL do post. Data acceso Día Mes Ano
 
Campal, Felicidad. “Lectura fácil para una vida más fácil.” Biblogtecarios. 28 setembro 2018, www.biblogtecarios.es/felicampal/lectura-facil-para-una-vida-mas-facil/. 18 outubro 2019

Publicación en Twitter
 
Apellido/s, Nombre ou Nome da conta [@nome_usuario]. "Texto do Tweet", Twitter, Día Mes Ano do Tweet, Hora, URL
 
Chaucer Doth Tweet [@LeVostreGC]. “A daye wythout anachronism ys lyke Emily Dickinson wythout her lightsaber.” Twitter, 7 Apr. 2018, twitter.com/LeVostreGC/status/982829987286827009.
 

Imaxe en Instagram, Twitter, Pinterest...

Nome completo ou Nome da conta [@nome_usuario]. Descripción da imaxe. Nome da rede social, Día Mes Ano da publicación, Hora da publicación, URL.
 
Thomas, Angie. Foto da coberta de The Hate U Give. Instagram, 4 Dec. 2018, www.instagram.com/p/Bq_PaXKgqPw/.

 
Entrada na Wikipedia

“Título da entrada.” Wikipedia: la enciclopedia libre, Fundación Wikimedia, Día Mes Ano no que a entrada foi modificada por última vez, Hora, URL da entrada. Día Mes Ano no que foi consultada

 Nota: A data e hora na que a entrada foi modificada por última vez aparece al final de cada artigo da Wikipedia.
 
“Red social.” Wikipedia: la enciclopedia libre, Fundación Wikimedia, 20 abril 2023, 23:14, https://es.wikipedia.org/wiki/Red_social. 13 xuño 2023
Referencia bibliográfica. Tese de doutoramento
MLA 9ª ed. non distingue entre tese publicada ou non publicada.
Para citar unha tese incluiremos: autor, título e data de publicación como elementos principais. Opcionalmente poñerase o nome da institución que outorga o título e unha descrición do tipo de documento:
 
Autor/a. Título tese: Subtítulo. Ano. Universidade, Tese de doutoramento
 
Longarela López, María Elena. Evolución de las grandes escuelas químicas. 1998. Universidade de Vigo, Tese de doutoramento


Se a tese está nun repositorio, incluirémolo e engadiremos o identificador da seguinte forma:
 
Autor/a. Título tese: Subtítulo. Ano. Universidade, Tese de doutoramento. Repositorio, Enlace permanente  
 
Brea Castro, Millán. A Casa da Xuventude de Ourense como experiencia histórica de educación socia: 1978-1992. 2015. Universidade de Vigo, Tese doutoral. Investigo, hdl.handle.net/11093/244
 
Como organizar a lista de referencias
  • Incluír todas as fontes que son citadas no texto do documento.
  • Ordéase alfabeticamente polo  Autor/a.
  • Se citamos 2 ou máis obras do mesmo autor/a, na segunda e sucesivas reemprazamos o apelido e nome deste/a por 3 guións que indican que o autor/a é o mesmo da entrada anterior.
  • A lista da bibliografía debe elaborarse incluindo a “sangría francesa” ou “hanging indention”: a segunda e seguintes líneas de cada referencia levan unha sangría de ½ pulgada (1’27 cm) dende a marxe esquerda. 
    Por exemplo:
           Bordons, M., & Ángeles Zulueta, M. ª. (1999). Evaluación de la actividad científica a través de indicadores bibliométricos.
                  Revista Española de Cardiología, 52(10), 790-800. doi:10.1016/S0300-8932(99)75008-6
Máis información
  • MLA handbook. 9th ed. New York: The Modern Language Association of América, 2021.