Localizador de recursos electrónicos
TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Tradución e Interpretación.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2017)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:  

Acceso restrinxido UVigo [?] LION: Literature Online
Colección de máis de 350.000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] CSIC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías. Cobertura: dende 1975 á actualidade.
 
Bases de datos bibliográficas
Acceso restrinxido UVigo [?] CSIC-ISOC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías. Cobertura: dende 1975 á actualidade.

Acceso restrinxido UVigo [?] LION: Literature Online
Colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos multidisciplinar. Arts & Humanities Citation Index: Proporciona acceso á información en curso e retrospectiva dende 1975 a unhas 1.700 revistas de artes e humanidades. 

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Portal multidisciplinar que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
 
Revistas electrónicas (coleccións)
Acceso restrinxido UVigo [?] Cambridge Core Journals
  • Ámbito temático: Dereito, Historia, Lingua e Lingüística, Socioloxía, Matemáticas, Medicina e Psicoloxía
  • Contido: principais revistas de Cambridge University Press sobre Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.
  • Produtor: Cambridge University Press
  • Cobertura temporal: dende 1997 (polo xeral)
  • Lingua de consulta: inglés

Recurso Open Access [?] REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico
  • Ámbito temático: Agricultura, Bioloxía, Medio Ambiente, Biomedicina, Ciencias Sociais, Humanidades, Enxeñaría e Ciencias da saúde.
  • Contido: documentos científicos e académicos de calidade contrastada, publicados por editores e outros produtores de contidos científicos e académicos de países iberoamericanos ou de temática iberoamericana.
  • Produtor: CSIC, Universia, Mº de Economía y Competitividad
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación

Acceso restrinxido UVigo John Benjamins
  • Ámbito temático:  Lingüística, Estudos de Tradución e Terminoloxía, Psicoloxía, Filosofía, Estudos Literarios, Arte e Historia da Arte
  • Contido: comprende un total de 65 títulos que son seleccionados baixo a dirección editorial académica de expertos e revisados por pares.
  • Produtor: John Benjamins Publishing Company
  • Cobertura temporal: dende 2015, agás ás que ata agora tiñamos subscrición en papel que o acceso é dende 2002
  • Lingua de consulta: inglés
  • Termos de uso: https://benjamins.com/#customers/journals/e_terms

Recurso Open Access JURN directory
  • Ámbito temático: Arte e Humanidades (dende 2014 ciencias, biomedicina, empresa e ecoloxía)
  • Contido: motor de busca dedicado á indexar revistas electrónicas libres e  de "acceso aberto"  nas disciplinas de Artes e Humanidades. Dende 2014 o ámbito de aplicación ampliouse para incluír outras publicacións académicas abertas, como teses e revistas de temas relacionados cas Ciencias, a Bbiomedicina, Empresa e Ecoloxía.
  • Produtor: WordPress
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo [?] Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo SpringerLink
  • Ámbito temático: Enxeñaría, Informática, Matemáticas, Telecomunicacións. Bioloxía, Medicina, Medio Ambiente, Química.
  • Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
  • Produtor: Springer
  • Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), titorial para busca de artigos en vídeo (inglés)

Acceso restrinxido UVigo [?] Taylor & Francis
  • Ámbito temático: Atención Sanitaria e Social, Ciencias do comportamento, Ciencias Sociais, Economía, Finanzas, Empresas e Industria, Educación, Enxeñería e Tecnoloxía, Física, Humanidades, Medio ambiente e Agricultura, Medio ambiente e Sostenibilidade, Política e Relacións Internacionais, Xeografía.
  • Contido: recolle publicacións científicas e académicas de Taylor & Francis, Routledge e Psychology Press,  CRC Press e Garland Press, enciclopedias (a antiga colección enciclopedia Dekker) de Taylor & Francis, bases de datos de abstracts de Taylor & Francis e máis de 10,000 libros electrónicos de Taylor & Francis e Routledge.
  • Produtor: Taylor & Francis Group
  • Cobertura temporal: dende 1997 (a Universidade de Vigo ten acceso só ás revistas das que temos subscrición)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais de busca (inglés)

Recurso Open Access [?] DOAJ: Directory of Open Access Journals
  • Ámbito temático: Multidisciplinar
  • Contido: directorio de revistas mantido polas bibliotecas da Universidade de Lund que recompila de maneira actualizada os títulos de todas as revistas científicas adscritas ao movemento "Acceso Aberto". A meirande parte dos artigos son de investigación e accesibles a texto completo.
  • Produtor: DOAJ
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación
  • Lingua de consulta: multilingüe
Libros electrónicos
Acceso restrinxido UVigo [?] EbscoHost eBooks
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
  • Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)
  • Termos de uso: permite imprimir ata 60 páxinas. Non se permite a descarga de todo o documento pero pódese descargar sección a sección no lector Reader Sony (non noutros modelos) ou en calquera lector de PDF 

Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo

Recurso Open Access OAPEN
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais
Recurso Open Access University of California Press
  • Ámbito temáticos: multidisciplinar
Teses
Recurso Open Access DART (Europe E-Theses Portal)
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: teses electrónicas europeas.
  • Produtor: DART-Europe é unha  asociación de bibliotecas de investigación e de consorcios bibliotecarios (entre elas  LIBER e Networked Digital Library of Theses and Dissertations) que traballan na mellora do acceso ás teses doctorais europeas.

Recurso Open Access NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations)
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: Rede internacional de bibliotecas dixitais de teses doutorais, adicada a promover a creación, uso, difusión e preservación de teses e disertacións electrónicas. Aínda que destacan as universidades estadounidenses, reúne institucións de todo o mundo. Inclúe unha exhaustiva recopilación de recursos sobre teses.
  • Productor: NDLTD
  • Lingua: inglés

Recurso Open Access OATD (Open Access Theses and Dissertations)
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: buscador de teses electrónicas en acceso aberto publicadas arredor do mundo.
  • Lingua: inglés

Acceso restrinxido UVigo [?] ProQuest Dissertations & Theses
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano. 
  • Produtor: Proquest
  • Lingua de consulta: inglés

Recurso Open Access TDR
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorales lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas.
  • Produtor: CBUC
  • Lingua: catalán - español

Teseo
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: recolle as teses lidas en universidades españolas dende 1976. A maior parte dos datos son referenciais,  aínda que hai algúns textos completos.
  • Produtor: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Portais e páxinas de tradución
Alfintra
Portal de contido formativo no marco do EEES para estudiantado, docentes e profesionais da tradución e interpretación
El atril del traductor
Aula virtual de tradución pensada para estudantes, profesores e profesionais da tradución. Contén exercicio, talleres e foros
Aula virtual de traducción
Ofrece un conxunto de fontes de información como dicionarios (monolingües, bilingües ou multilingües), glosarios, tesauros, enciclopedias e outros recursos lingüísticos (como conxugadores verbais ou gramaticais), bases de datos, listas de distribución, etc.
O traductor virtual
Conxunto de recursos para a traducción
Recursos de traducción y redacción
Páxina da Comisión Europea sobre recursos de tradución
Dirección General de Interpretación de la UE
Páxina do servizo de interpretación e organización de conferencias da UE.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Buscar en
    Catálogo    /    Revistas-e    /    Libros-e
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access