Corpus lingüístico da Universidade de VigoO CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo) é un conxunto de córpora textuais paralelos de rexistros especializados de lingua galega contemporánea, elaborado polo SLI (Seminario de Lingüística Informática) desta universidade e dispoñíbel para consulta pública na web desde setembro de 2003
Corpus Técnico do GalegoO Corpus Técnico do Galego (CTG) é un corpus lingüístico de rexistros especializados de lingua galega contemporánea elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Corpus XelmirezCorpus lingüístico do galego medieval
Tesouro informatizado da lingua galegaO Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega. A súa versión actual, inclúe 1.958 obras de 704 autores e autoras, producidas todas elas entre 1612 e 2013, e permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 26 millóns de palabras, correspondentes a 95.409 lemas diferentes.
Tesouro medieval informatizado da lingua galegaCorpus das obras e coleccións documentais redactadas en romance galego na época medieval. Co TILG forma o corpus histórico do Instituto da Lingua Galega.
CODOLGA: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae
Corpus textual con documentación medieval relacionada con Galicia en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.