ÍnDICEs CSIC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías, cubrindo
dende 1975 ata xaneiro de 2023.
L'Année philologiqueNota: Para acceder, configure o proxy do navegador, seguindo as instrucións desta guía.
Publicada pola Société Internationale de Bibliographie Classique, é unha base de datos bibliográfica especializada en obras académicas relacionadas con todos os aspectos das civilizacións grega e romana, dende a literatura e a lingüística ata a historia política ou o dereito, concedendo especial importancia a discipliñas auxiliares como a epigrafía ou a paleografía. Inclúe citas de artigos de publicacións e libros, con resumos en inglés, alemán, español, francés ou italiano. Cobertura: dende 1924 á actualidade.
LION: Literature Online
Colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.
LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.
Linguistics Collection
Consulta simultánea da base de datos LLBA e Linguistics database. Proporciona acceso ao resumo e/ou texto completo de artigos de revista, libros, documentos de traballo, teses, disertacións... relacionadas coa lingüística e as ciencias da linguaxe.
Scopus
Base de datos que indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que recolle unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto, ademais de actas de congresos
Dialnet PlusNota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Portal multidisciplinar que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.