Localizador de recursos electrónicos
Sexenios CNEAI 2020. Preguntas frecuentes
Quen pode solicitar un sexenio?
​En calquera dos casos anteriores, deben cumprirse as seguintes condicións:
  • que nunca se teña presentado a ningunha convocatoria de sexenios de investigación con anterioridade e cumpra un mínimo de 6 anos avaliables o 31 de decembro de 2020
  • que o seu último tramo avaliado postitivamente rematase o 31 de decembro de 2014 ou antes
  • que tivese recibido unha avaliación negativa para un tramo ata o 31 de decembro de 2017 ou anterior; neste caso, a persoa solicitante pode recuperar como máximo 3 deses anos e engadir publicacións de como mínimo os 3 anos seguintes
Onde se presenta a solicitude de sexenios de investigación 2020?
Na nova sede electrónica da ANECA: http://aneca.sede.gob.es
Esta sede está operativa desde o día 11 de xaneiro de 2021, pero non permitirá gardar cambios nin crear un borrador ata o día 13 de xaneiro. É recomendable, polo tanto, agardar a ese día para cubrir a solicitude, cando xa se poderá crear un borrador, para repasalo e corrixir erros antes de enviar e rexistrar a dita solicitude.

O profesorado contratado doutor, ademais de enviar e rexistrar a solicitude na sede electrónica da Aneca, debe enviar unha copia do xustificante da solicitude presentada en prazo (copia da solicitude asinada e xustificante coa data de rexistro) por correo electrónico ao Servizo de PDI da Universidade de Vigo (consultapdi@uvigo.gal). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
Que é o borrador da solicitude?
A aplicación da Aneca para a presentación das solicitudes de sexenios permite xerar un borrador da solicitude, previo ao seu envío. Esta opción é moi útil para revisar e corrixir posibles erros antes de enviar a solicitude de xeito definitivo.
É importante que cando entremos de novo na aplicación, abramos o último borrador xerado para comezar a traballar de novo cos datos que xa foran incluídos con anterioridade. Se non abrimos ese borrador, teremos que incluír de novo todos os datos.
Que é avaliación normal e avaliación única?
Se a solicitude é normal escolleremos esa opción. A avaliación única é a escollida por persoas que queren que se avalíe toda a súa carreira investigadora nunha única convocatoria.
Podo presentar un artigo aceptado pero non publicado nalgún dos anos da miña solicitude?
Non. Dise expresamente na convocatoria que "non se terán en conta publicacións aceptadas pero non publicadas durante eses anos". Ademais, indícase que no caso de publicacións que conten con edición dixital e impresa, a data de publicación que se terá en conta é a da publicación impresa.
No apartado Tipo de convocatoria, que debo escoller?
O apartado Tipo de convocatoria ofrece dúas opcións:
Cantos tramos se poden solicitar?
O máis habitual é solicitar un único tramo de sexenios en cada convocatoria.
Pode darse o caso de que alguén queira solicitar máis tramos nunha mesma convocatoria. Debe ter en conta que, de producirse unha avaliación negativa, nas vindeiras convocatorias só se poderán "recuperar" un máximo de 3 anos do último tramo denegado, polo que todas as publicacións dos tramos anteriores non se poderán volver utilizar para convocatorias futuras. Por iso o máis recomendable é pedir só un tramo en cada convocatoria.
No apartado Datos administrativos, que é a data de toma de posesión?
É a data na que a persoa solicitante tomou posesión no posto que ocupa o día 31 de decembro de 2020. 
No apartado Datos administrativos, teño que escoller dous campos de avaliación?
A Aneca permite á persoa solicitante propoñer dous campos para a súa avaliación. Só é necesario cubrir o segundo campo de avaliación nos casos nos que pode haber algunha dúbida. 
En calquera caso, trátase só dunha proposta da persoa solicitante; as comisións de avaliación toman a decisión de incluír a solicitude na comisión que consideran máis axeitada.
O curriculum vitae debe incluír méritos só dos 6 anos para os que solicito a avaliación?
Non. O curriculum vitae debe ser completo, incluíndo só actividades relacionadas coa investigación, pero de toda a carreira investigadora. As comisións de avaliación revisan o curriculum vitae cando teñen algunha dúbida e un curriculum vitae completo pode axudar a mellorar a avaliación.
No apartado Tramo, que anos debo cubrir se non presento publicacións dos seis anos?
Neste apartado temos que incluír os 6 anos do sexenio para o que solicitamos avaliación, independentemente dos anos de publicación dos traballos que aportemos para a súa valoración. Se, por exemplo, presento 5 artigos de 2015, 2017 e 2019, o tramo de avaliación vai de 2014 a 2019, e eses son os 6 anos que debo incluír na solicitude, consecutivos e de máis antigo a máis recente.
No apartado Tramo, que son as aportacións substitutorias?
As aportacións substitutorias son as dúas publicacións que a persoa solicitante pode presentar ademais das aportacións principais, para substituír algunha delas no caso de que a comisión de valoración non a considere o suficientemente relevante. Non é obrigatorio engadir aportacións substitutorias pero si recomendable e debe engadilas na mesma orde na que quere que sexan tidas en conta.
Neste apartado cómpre incluír os datos mínimos para a localización de cada publicación (título, ano de publicación, título da revista ou do libro, ISSN ou ISBN, DOI...), e os seus indicios de calidade (cuartil, decil, número de citas, citas relevantes...), do xeito máis resumido posible, xa que só permite introducir 600 caracteres.
Como o espazo é moi pequeno, pódense incluír os indicios de calidade no curriculum vitae e incluír unha ligazón ao texto completo de cada documento.
Se presento unha aportación substitutoria que finalmente non é avaliada, podo presentala para un futuro sexenio de transferencia?
De momento si. Neste momento a Aneca está revisando a convocatoria do sexenio de transferencia, e haberá que estar pendente dos criterios cando saia a convocatoria, pero en principio, unha aportación que non foi avaliada no sexenio de investigación si se podería presentar na convocatoria do sexenio de transferencia.
No apartado Aportaciones, que debo poñer en "Otros datos"?
No apartado Otros datos pódese incluír información que facilite a localización das publicacións, se non fose suficiente coa información aportada antes.

Tamén se pode engadir aquí información sobre a puntuación obtida por esa publicación en convocatorias anteriores (sempre que esa publicación obtivese unha boa puntuación malia non ter acadado o sexenio), ou ben a valoración positiva acadada por algún coautor ou coautora que a tivese presentado en convocatorias anteriores.
No apartado Aportaciones, que debo poñer no Resumo?
Nun máximo de 4000 caracteres, debe incluír os obxectivos e resultados máis sobresaíntes da investigación. Non se trata de copiar o abstract aquí, se non de xustificar a importancia da investigación e a súa pertinencia e coherencia co traballo desenvolto durante eses anos.

É posible substituír os resumos individualizados por un só que se refira a todas as publicacións.
No apartado Aportaciones, que debo poñer en "Indicios de calidad"?
Neste apartado debemos incluír os indicios de calidade da publicación:
  • relevancia do título da revista (para artigos) ou da editorial (para libros e capítulos): o cuartil ou decil en JCR ou SJR, presenza do título en bases de datos internacionais, presenza da editorial en SPI...
  • citas recibidas polo traballo: debemos incluír o número de citas e a fonte, e facer mención das citas máis relevantes
  • apreciación persoal sobre a contribución da obra ao progreso do coñecemento, o interese e a creatividade da aportación
  • datos sobre a explicación de patentes ou modelo de utilidade
  • reseñas en revistas especializadas
Debemos incluír sempre a fonte dos datos que achegamos. 
 
No apartado Aportaciones, é obritagorio presentar os textos completos das publicacións?
Só é obrigatorio nos casos en que non aportemos ISBN, ISSN ou DOI. Pero a Aneca recomenda que sempre se aporten os textos completos dos artigos e dos capítulos, e as páxinas de identificación da publicación nos casos de libros. Neste último caso, é recomendable incluír tamén o índice do libro e mesmo un capítulo completo para que a comisión coñeza o contido da publicacións. Non é obrigatorio, pero si moi recomendable.
Se xa enviei a solicitude pero quero modificala, podo facelo?
Se necesitas facer algunha modificación nunha solicitude xa enviada, debes enviar unha solicitude nova, completa. A Aneca só ten en conta a última solicitude recibida para cada solicitante.
Teño que presentar a solicitude no rexistro da Universidade de Vigo?
O persoal funcionario non ten que presentar ningunha documentación na Universidade de Vigo.

profesorado contratado doutor, ademais de enviar e rexistrar a solicitude na sede electrónica da Aneca, debe enviar unha copia do xustificante da solicitude presentada en prazo (copia da solicitude asinada e xustificante coa data de rexistro) por correo electrónico ao Servizo de PDI da Universidade de Vigo (consultapdi@uvigo.gal). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.