Localizador de recursos electrónicos
LINGUAS E LITERATURAS ESTRANXEIRAS

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Linguas e Literaturas estranxeitas.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:  

LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.
Acceso restrinxido UVigo [?] LION: Literature Online
Colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.

Linguistics collection
Consulta simultánea das base de datos LLBA e Linguistics database. Proporciona acceso ao resumo e/ou texto completo de artigos de revista, libros, documentos de traballo, teses, disertacións... relacionadas coa lingüística e as ciencias da linguaxe.
Acceso restrinxido UVigo [?] ÍnDICEs CSIC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbitos das Ciencias Sociais e Humanas, e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías, cubrindo dende 1975 ata xaneiro de 2023.
Bases de datos bibliográficas
Acceso restrinxido UVigo [?] ÍnDICEs CSIC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías, cubrindo dende 1975 ata xaneiro de 2023.

Acceso restrinxido UVigo L'Année philologique
Publicada pola  Société  Internationale de  Bibliographie  Classique, é unha base de datos bibliográfica especializada en obras académicas relacionadas con todos os aspectos das civilizacións grega e romana, dende a literatura e a lingüística ata a historia política ou o dereito, concedendo especial  importancia a discipliñas auxiliares como a epigrafía ou a paleografía. Inclúe citas de artigos de publicacións e libros, con resumos en inglés, alemán, español, francés ou italiano. Cobertura: dende 1924 á actualidade.

Acceso restrinxido UVigo [?] LION: Literature Online
Colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.
Acceso restrinxido UVigo [?] LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.
Linguistics Collection
Consulta simultánea da base de datos LLBA e Linguistics database. Proporciona acceso ao resumo e/ou texto completo de artigos de revista, libros, documentos de traballo, teses, disertacións... relacionadas coa lingüística e as ciencias da linguaxe.
Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Base de datos que indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
  • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
  • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
  • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
Como acceder vía SIR

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Portal multidisciplinar que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
Revistas electrónicas (coleccións)
Armand Colin Revues
As revistas de Armand Colin teñen como obxectivo difundir en Francia e no estranxeiro, as mellores investigacións sobre historia e literatura en Francia. O portal permite o acceso ás revistas das que a BUV ten suscrición en papel: "Annales de géographie", "Annales, histoire, sciences sociales",  "Langages", "Langue française", "Littérature" e "Revue Tiers Monde"
Inclue publicacións dende 2007; aos anos anteriores accédese a través dos portais CAIRN e Érudit


Acceso restrinxido UVigo [?] Cambridge Core Journals
Principais revistas de Cambridge University Press sobre Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.
Máis guías e/ou titoriais: guía rápida en pdf (inglés) guía rápida en pdf (2), guía de uso en vídeomanual en powerpoint


Recurso Open Access [?] REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico
Documentos científicos e académicos de calidade contrastada, publicados por editores e outros produtores de contidos científicos e académicos de países iberoamericanos, ou de temática iberoamericana.


Acceso restrinxido UVigo John Benjamins
Comprende un total de 65 títulos que son seleccionados baixo a dirección editorial académica de expertos e revisados por pares.
Termos de uso: 
Recurso Open Access JURN directory
Motor de busca dedicado a indexar revistas electrónicas libres e  de "acceso aberto"  nas disciplinas de Artes e Humanidades. Dende 2014 o ámbito de aplicación ampliouse para incluír outras publicacións académicas abertas, como teses e revistas de temas relacionados cas Ciencias, a Bbiomedicina, Empresa e Ecoloxía.


Acceso restrinxido UVigo [?] Oxford Academic
Acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto Aon sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Máis guías e/ou titoriais: guía (inglés)

Acceso restrinxido UVigo [?] SpringerLink
Base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.


Acceso restrinxido UVigo [?] JSTOR (Arts & Sciences I, II e III)
Máis de 1.500 revistas académicas de diversas disciplinas, con predominio das Humanidades e as Ciencias Sociais.


Acceso restrinxido UVigo [?] Taylor & Francis
Recolle publicacións científicas e académicas de Taylor & Francis, Routledge e Psychology Press,  CRC Press e Garland Press, enciclopedias (a antiga colección enciclopedia Dekker) de Taylor & Francis, bases de datos de abstracts de Taylor & Francis e máis de 10,000 libros electrónicos de Taylor & Francis e Routledge.


Acceso restrinxido UVigo [?] Project MUSE
Nota: Suscrición cancelada. Pódense consultar as coleccións de revistas ata o ano 2019 nun ordenador da Sección de Soporte á Aprendizaxe da Biblioteca Central de Vigo.

Revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais.


Recurso Open Access [?] DOAJ: Directory of Open Access Journals
Directorio de revistas mantido polas bibliotecas da Universidade de Lund que recompila de maneira actualizada os títulos de todas as revistas científicas adscritas ao movemento "Acceso Aberto". A meirande parte dos artigos son de investigación e accesibles a texto completo.
Libros electrónicos
Acceso restrinxido UVigo [?] LION: Literature Online
Colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.

Recurso Open Access OAPEN
Libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais.

Recurso Open Access University of California Press
Colección de máis de 2.000 obras procedentes de editoriais académicas, das que unhas 500 están dispoñibles para o público en xeral. 

Recurso Open Access DOAB
Libros académicos de acceso libre, principalmente na área de Humanidades e Ciencias Sociais.

Acceso restrinxido UVigo EEBO-Early English Books Online
Colección dos textos completos (facsímiles dixitais) de obras de literatura inglesa editados entre 1473-1700.
 
Repositorios
Recurso Open Access OpenDoar
Directorio de repositorios académicos de acceso aberto de ámbito internacional. Pódese acceder ao listado completo de repositorios (agrupados por países), ou realizar búscas en base a varios criterios (idioma, país, temática, software, tipo de contido).
Teses
Recurso Open Access DART (Europe E-Theses Portal)
Teses electrónicas europeas.

Recurso Open Access NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations)
Rede internacional de bibliotecas dixitais de teses doutorais, adicada a promover a creación, uso, difusión e preservación de teses e disertacións electrónicas. Aínda que destacan as universidades estadounidenses, reúne institucións de todo o mundo. Inclúe unha exhaustiva recopilación de recursos sobre teses.

Recurso Open Access OATD (Open Access Theses and Dissertations)
Buscador de teses electrónicas en acceso aberto publicadas arredor do mundo.

Acceso restrinxido UVigo [?] ProQuest Dissertations & Theses
Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo. Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano. 

Recurso Open Access TDR
Repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorales lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas.

Teseo
Recolle as teses lidas en universidades españolas dende 1976. A maior parte dos datos son referenciais,  aínda que hai algúns textos completos.
 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access