FIADOR (Localizador de Fontes de Información Académica) :: Fiador: Enxeñaría Agraria
Localizador de recursos electrónicos
Enxeñaría Agraria

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Enxeñaría Agraria. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:     

AGRIS
Bases de datos creada pola FAO que recolle referencias bibliográficas de revistas, monografías, capítulos de libros, informes técnicos etc.  da área de agricultura, gandería, pesca, nutrición humana etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libros, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 

Abrir manual / Guía de axuda GreenFILE
Base de datos que recolle información sobre enerxías renovables, agricultura sustentable, polución, reciclaxe, construción ecolóxica etc. Contén documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral sobre os efectos dos individuos no medio e o que podemos facer para minimizar os efectos negativos.
Outros recursos para buscar bibliografía
Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, recensións e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.

National Agricultural Library Digital Collections
Inclúe materiais dispoñibles en formato dixital, tanto se se orixinaron neste formato coma se se converteron nel máis tarde. Ademais dos documento de investigación do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA), serve como recurso nacional de información agrícola.
Portais temáticos
Estatísticas
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access