Cando realizamos un traballo, unha investigación, consultamos diversas fontes de información e estas teñen unha autoría da que nos facemos debedores ou debedoras.
Citar é facer unha referencia a ditas fontes, recoñecendo que utilizamos o traballo e/ou ideas doutra persoa no noso escrito. |
Dámoslle credibilidade ao noso traballo: as referencias dan evidencias da nosa investigación e do tipo de fontes que consultamos.
Facilitamos aos lectores e lectoras máis información e permitímoslles recuperar as fontes que empregamos.
Evitamos o plaxio. Non só cometemos plaxio cando presentamos como propio un documento elaborado por outro, tamén se considera plaxio copiar ou parafrasear ideas ou outros textos doutras fontes sen indicalo.
- Como facer a cita no texto
- Como redactar as referencias
- Como ordenar as referencias dentro dunha listaxe ou bibliografía
Existen diferentes normas e estilos para citar e elaborar as referencias bibliográficas.
A elección do estilo pode vir indicada polo titor /a do traballo no caso do alumnado ou pola revista, editorial, congreso etc. no caso dos investigadores.
Na seguinte táboa están recollidos os estilos máis utilizados nas distintas disciplinas.
ESTILO | ÁMBITO | GUÍAS |
---|---|---|
APA |
C. Sociais e Deporte |
Guía APA da Biblioteca (galego) Web da APA (inglés) |
HARVARD |
C. Sociais, Físicas e Naturais |
Guía Harvard da Biblioteca (galego) Guía da University of Queensland Library (inglés) |
IEEE |
Enxeñaría e Informática |
Guía IEEE da Biblioteca (galego) IEEE editorial style manual (inglés) |
VANCOUVER |
C. Saúde |
Guía Vancouver da Biblioteca (galego) Citing Medicine: The NLM Style Guide for Authors, Editors, and Publishers (2º ed.) (inglés) |
MLA |
Lingua e Literatura |
Guía MLA da Biblioteca (galego) MLA Formatting and Style Guide, Purdue University (inglés) Web Modern Language Association (inglés) |
CHICAGO |
Arte e Humanidades (numérico) Ciencias naturais (autor-data) |
Chicago manual of Style (acceso á guía breve en inglés) |
ACS |
Química |
Guía ACS da Biblioteca (galego) The ACS Style Guide (capítulo 14 adicado á elaboración de citas e referencias, en inglés) |
NORMA ISO |
Multidisciplinar |
Guía UNE-ISO:2013 elaborada pola Biblioteca Universidade Carlos III (castelán) |
Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843
Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158