| Bibliotecas Campus Vigo |
| Biblioteca de Torrecedeira |
| Biblioteca Central Campus Ourense |
| Bibliotecas Campus Pontevedra |
Horarios: de luns a venres de 8:30 a 20:45 h. Ademais, hai horarios especiais previos ás datas de exames que podes consultar na web da Biblioteca.
A tarxeta Universitaria intelixente (TUI) é a túa identificación como estudante e é válida en todas as bibliotecas da UVigo. Na biblioteca cómpre para levar documentos en préstamo, solicitar salas de traballo en grupo ou computadoras, etc.
Mediante a Rede Alumnos, a rede sen fíos implantada en todos os campus. Para conectarte emprega o usuario e contrasinal da túa conta de correo electrónico da UVigo.
Mediante Eduroam, unha rede e conexión máis segura, que poden utilizala tanto usuarios/as internos da Universidade de Vigo como usuarios/as doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam. Tes que introducir a identificación e a clave de usuario.Podes solicitar en préstamo documentos en calquera das bibliotecas da UVigo e devolvelos á que che vaia mellor. Para facer uso deste servizo debes amosar a túa Tarxeta Universitaria (TUI).
Condicións:
Vídeo: “Perseo. Autenticación”. Duración: 2:18 min. (Biblioteca Universitaria de Vigo)
Vídeo: “Perseo. Busca avanzada”. Duración: 4:00 min. (Biblioteca Universitaria de Vigo)
Consulta a Guía sobre o Buscador Perseo para coñecer outras funcionalidades.

Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.