
Alternativamente ao uso do proxy 
algúns recursos ofrecen o acceso a través do SIR (Servizo de Identidade de Recursos de RedIRIS).
 
Instrucións xerais de acceso vía SIR:
 
1. Accede ao recurso e localiza a forma de identificarte. Normalmente aparecerá un “Login” ou “Iniciar sesión” ou “Shibboleth". Dentro dese acceso institucional busca e selecciona  “Universidade de Vigo”.
2. Unha vez seleccionado serás redirixido a unha páxina da Universidade de Vigo onde terás que identificarte coas túas credenciais de acceso (conta de correo da universidade e contrasinal).
3. Unha vez identificado entrarás con acceso completo ao recurso electrónico seleccionado.
 
Consulta 
nesta guía a listaxe de recursos que ten habilitada esta opción.