En "Os meus favoritos", ademais das Buscas gardadas, poderás consultar tamén os teus Rexistros gardados e o teu Historial de buscas.
Rexistros gardados:
En
“Rexistros gardados” aparecen
varias opcións que nos permitirán entre outras cousas, crear citas, enviar a Refworks, eliminar rexistros, editar etiquetas, eliminar ou ordenar os resultados...
Os documentos seleccionados como favoritos destácanse na páxina de resultados cun fondo diferenciado. Podes deseleccionalos facendo clic na chincheta riscada.
Historial de busca:
Outra opción de "Os meus favoritos" é o Historial de buscas.
Se estás autenticado poderás ver cronoloxicamente todas as consultas realizadas e volver a executar calquera delas. Se non te autenticas, Perseo gardará as buscas feitas durante a sesión, e unha vez pechada, a información desaparecerá.
Desde o Historial poderás gardar unha busca como favorita ou eliminala da lista: