Segundo o dicionario da RAE, plaxiar é “copiar en lo sustancial obras ajenas, dándolas como propias”. É dicir, cometemos plaxio cando usamos o traballo, as ideas ou as palabras doutra persoa como se fosen propias. É aplicable a calquera obra (traballo de clase, artigo, exame, tese... ) ou tipo de soporte (gráfico, software, fotografía, internet...). Por isto, debemos citar as fontes das que tomamos a información para os nosos traballos.
Sen embargo, non se produce plaxio cando divulgamos ou reproducimos información proveniente do coñecemento público, entendéndose este como os feitos ou ideas que poden atoparse en moitos sitios, que son coñecidos por moita xente e, normalmente, recollidos en fontes de referencia xeneral como enciclopedias ou dicionarios.
Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843