ÍnDICEs CSIC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbitos das Ciencias Sociais e Humanas, e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías, cubrindo dende 1975 ata xaneiro de 2023.
BITRA: Bibliografía de Interpretación y Traducción
Nesta base de datos de bibliografía directamente relacionada coa tradución ou interpretación pódense atopar máis de 94.000 referencias (máis de 11.000 libros, 32.000 capítulos, 45.000 artigos, 3.000 teses, 200 revistas, etc.), con máis de 55.000 resumos (máis de 59). % das entradas), máis de 120.000 citas recollidas no campo de Impacto e máis de 5.000 índices de libros, números especiais de revistas e teses de doutoramento
LION: Literature Online
Colección de máis de 350.000 obras a texto completo de poesía (desde 600 ata os nosos días), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) escritas por autoras/es británicos e norteamericanos. Esta base de datos agrega un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como índices de textos, fontes secundarias, traballos de referencia, bibliografías, catálogos, etc.
Linguistics Collection
Acceso simultáneo ás bases de datos LLBA e Linguistics database. Proporciona acceso ao resumo e/ou texto completo de artigos de revista, libros, documentos de traballo, teses, disertacións... relacionadas coa lingüística e as ciencias da linguaxe.
LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
Referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicaciones periódicas, monografías, teses, etc. do ámbito da lingüística, psicolingüística, sociolingüística e disciplinas relacionadas.
Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libros, patentes, webs científicas etc.
Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que recolle unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto, ademais de actas de congresos.
Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Portal multidisciplinar que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
JSTOR Archival Journal and Primary Source Collection
Base de datos multidisciplinar que proporciona acceso a máis de 12 millóns de artigos de revistas académicas, libros e fontes primarias en diversas disciplinas, con predominio das Humanidades e as Ciencias Sociais.
Index translationum
O Index Translationum é un repertorio de obras traducidas en todo o mundo, unha bibliografía internacional de traducións creado en 1932.
A base de datos contén unha información bibliográfica acumulativa sobre as obras traducidas e publicadas nun centenar de Estados Membros da UNESCO entre 1979 e 2009. Máis de 1.800.000 referencias de todas as disciplinas: literatura, ciencias sociais e humanas, ciencias exactas e naturais, arte, historia, etc.
ISBN: Base de datos de libros editados en España
A Agencia española del ISBN proporciona nesta base de datos información sobre os libros publicados en España. Permite a busca por lingua de tradución e lingua de publicación, ademáis da busca polo nome dxs tradutorxs.
IATE: Interactive Terminology for Europe
Base de datos terminolóxica multilingüe utilizada nas institucións da Unión Europea para recompilar, difundir e xestionar a terminoloxía específica da UE. IATE incorpora todas as bases de datos existentes nos servizos de tradución: Eurodicautom (Commission), TIS (Council), Euterpe (EP), Euroterms (Translation Centre), CDCTERM (Court of Auditors). Está dispoñible en todas as linguas oficiais da Unión Europea e contén máis de 7 millóns de termos que cobren todos os ámbitos temáticos abordados nos textos da UE.