Localizador de recursos electrónicos
Sexenios CNEAI 2022. Preguntas frecuentes
Quen pode solicitar un sexenio?
  • O profesorado universitario funcionario (profesores/as titulares e catedráticos/as) de carreira ou interino/a con esa coindición o día 31 de decembro de 2022
  • O profesorado contratado doutor ou profesorado axudante doutor fixo ou interino segundo se recolle na Resolución da Universidade de Vigo
​En calquera dos casos anteriores, deben cumprirse as seguintes condicións:
 
  1. Que nunca se teña presentado a ningunha convocatoria de sexenios de investigación con anterioridade e cumpra un mínimo de 6 anos avaliables o 31 de decembro de 2022.
  2. Que o seu último tramo avaliado postitivamente rematase o 31 de decembro de 2016 ou antes.
  3. Que tivese recibido unha avaliación negativa para un tramo ata o 31 de decembro de 2019 ou anterior; neste caso, a persoa solicitante pode recuperar como máximo 3 deses anos e engadir publicacións de como mínimo os 3 anos seguintes.
Na convocatoria de sexenios 2022, inclúense sexenios de transferencia?
Pola información que existe ata agora, non. En 2022, o Ministerio de Universidades só convoca a avaliación da actividade investigadora.
Cal é o prazo de presentación de solicitudes?
Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023.
Onde se presenta a solicitude de sexenios de investigación 2021?
Na sede electrónica da ANECA: http://aneca.sede.gob.es

O profesorado contratado doutor ou axudante doutor, ademais de enviar e rexistrar a solicitude na sede electrónica da Aneca, debe enviar unha copia do xustificante da solicitude presentada en prazo (copia da solicitude asinada e xustificante coa data de rexistro) por correo electrónico ao Servizo de PDI da Universidade de Vigo (consultapdi@uvigo.gal). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
Teño que presentar a solicitude no rexistro da Universidade de Vigo?
O persoal funcionario non ten que presentar ningunha documentación na Universidade de Vigo.

profesorado contratado doutor ou axudante doutor, ademais de enviar e rexistrar a solicitude na sede electrónica da Aneca, debe enviar unha copia do xustificante da solicitude presentada en prazo (copia da solicitude asinada e xustificante coa data de rexistro) por correo electrónico ao Servizo de PDI da Universidade de Vigo (consultapdi@uvigo.gal). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
Cantos tramos podo solicitar?
O máis habitual é solicitar un único tramo de sexenios en cada convocatoria. 

Pódese dar o caso de que alguén queira solicitar máis tramos na mesma convocatoria. Debe ter en conta que, de producirse unha avaliación negativa, nas vindeiras convocatorias só poderá recuperar un máximo de 3 anos do último tramo denegado, polo que non poderá volver usar en futuras convocatorias ningunha das publicacións dos tramos anteriores. Por iso o máis recomendable é solicitar só un tramo en cada convocatoria.
Podo presentar un artigo aceptado pero non publicado nalgún dos anos da miña solicitude?
Non. Dise expresamente na convocatoria que "non se terán en conta publicacións aceptadas pero non publicadas durantes eses anos". Ademais, indícase que no caso de publicacións que conten con edición dixital e impresa, a data de publicación que ser terá en conta é a da publicación impresa.
No caso das monografías, que documentación debo achegar?
Na convocatoria dise que cada aportación deberá incluír "o arquivo en pdf xustificativo da dita aportación". No caso das monografías, é recomendable incluír nese pdf a portada e a contraportada, onde figuran os datos de autoría, ISBN, editorial, ano de publicación, etc., e o índice.
Que son as aportacións substitutorias?
As aportacións substitutorias son as dúas publicacións que a persoa solicitante pode presentar ademais das aportacións principais, para substituír algunha delas no caso de que a comisión de valoración non a considere o suficientemente relevante. Non é obrigatorio engadir aportacións substitutorias pero si recomendable e debe engadilas na mesma orde na que quere que sexan tidas en conta.

Neste apartado cómpre incluír os datos mínimos para a localización de cada publicación (título, ano de publicación, título da revista ou do libro, ISSN ou ISBN, DOI...), e os seus indicios de calidade (cuartil, decil, número de citas, citas relevantes...), do xeito máis resumido posible.
Como o espazo é limitado, pódense incluír os indicios de calidade no curriculum vitae e incluír unha ligazón ao texto completo de cada documento.
Se presento unha aportación substitutoria que finalmente non é avaliada, podo presentala para un futuro sexenio de transferencia?
De momento si. Nos criterios por campos indícase que "o mesmo mérito non pode ser utilizado en criterios en sexenios de investigación e de transferencia". Pero a falta de maior concreción por parte da Aneca, se o mérito non é utilizado nunha solicitude si podería aportarse na seguinte.
O curriculum vitae normalizado debe incluír méritos só dos 6 anos para os que solicito a avaliación?
Non. O currículum vítae normalizado debe ser completo, incluíndo só actividades relaciondaas coa investigación, pero de toda a carreira investigadora. As comisións de avaliación pode revisar este currículum vítae cando teñan algunha dúbida, e este currículum pode axudar a mellorar o resultado da avaliación.
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Máis información
  • Portal da Aneca
  • Aneca responde: para consultas relacionadas coa convocatoria e a aplicación informática
  • Conversaciones con Aneca: o día 17 de xaneiro a Aneca ofrecerá catro sesións explicativas sobre a convocatoria, a aplicación, e os criterios por campos