DART (Europe E-Theses Portal)
Asociación de bibliotecas de investigación e consorcios de bibliotecas que intentan mellorar o acceso ás teses doutorais europeas, ofrecendo un portal único para a súa consulta. Da acceso a máis de 670.000 teses de universidades de 28 países europeos.
  
  
  ProQuest Dissertations & Theses 
Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano.  
Cybertesis
Portal desenvolvido pola Universidade de Chile, que ten por obxectivo proporcionar unha ferramenta de fácil acceso ás teses electrónicas a texto completo de diferentes universidades do mundo. Actualmente permite a consulta de máis de 27.000 teses doutorais.
 
     OATD (Open Access Theses and Dissertations)
Buscador de teses e traballos académicos publicados en acceso aberto en universidades e organismos de investigación de todo o mundo.
Red de Repositorios Latinoamericanos
Portal ten como obxectivo proporcionar unha ferramenta de fácil acceso ás publicacións electrónicas a texto completo (entre elas as teses) 
ubicadas en diferentes repositorios dos países de América Latina.
​MIT Theses
Contén unha 
selección de teses de todos os departamentos do Massachusetts Institute of Technology. A consulta da 
colección completa de teses debe facerse a través do 
catálogo das bibliotecas do MIT.
ETHOS British Library: base de datos de teses doutorais británicas (temporalmente fóra de servizo).
THESES.fr: motor de busca das teses doutorais francesas.
 Repositorio Científico de Acceso Aberto de Portugal: portal de acceso a miles de documentos científicos e académicos (artigos, conferencias, teses doutorais...) depositados nos repositorios portugueses.