Localizador de recursos electrónicos
REFWORKS

(Última actualización, maio 2023)
NOVO REFWORKS
Esta versión xa non permite a creación de novas contas e dixará de estar dispoñible o 30 de xuño do 2023. 
Se aínda non tes unha conta en RefWorks, rexístrate na versión actual de RefWorks. Se precisas axuda para a migración da túa conta á versión actual contacta coa Biblioteca Central Campus Vigo 
Máis información sobre a versión actual de RefWorks aquí.

ATENCIÓN  Para exportar os datos da conta RefWorks a outros xestores ou para gardar os datos nun excel ou base de datos consulte estas instrucións.
 
REFWORKS
RefWorks é un xestor de referencias en liña que permite:
  • Crear bases de datos bibliográficas persoais en liña, importando os resultados das busca efectuadas en bases de datos ou creando rexistros manualmente.
  • Organizar referencias bibliográficas (clasificar e arquivar referencias de xeito doado usando carpetas)
  • Xerar bibliografías e inserir citas dentro dun texto e notas a pé de páxina.
Como engadir referencias
Hai tres formas básicas de engadir referencias á nosa base de datos:
  • Directa ou Automática: existen numerosos provedores de información que permiten a exportación automática directa das referencias seleccionadas ao RefWorks mediante un botón.
  • Indirecta ou mediante un arquivo de texto: para aqueles provedores que non permiten incorporar automaticamente as referencias. Debe gardar un arquivo de texto cos resultados a exportar no seu ordenador e importalo dende o RefWorks. Para saber cales son os pasos e o filtro que ten que utilizar con cada provedor, no menú "Ayuda" consulte Importing from online data vendors.
  • Manualmente: prema en "Nueva Referencia " e cumprimente os campos.
Creación de bibliografías
Outras utilidades de RefWorks
  • Achegar arquivos a unha referencia
  • Buscar na nosa bibliografía
  • Detectar duplicados
  • Facer unha copia de seguridade (Backfile)
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso etc., solicítanos unha sesión formativa
Guías relacionadas