Localizador de recursos electrónicos :: Fiador: Turismo
Localizador de recursos electrónicos
TURISMO
 

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito do turismo
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:

Acceso restrinxido UVigo [?] Business Source Premier
Ofrece acceso ao texto completo ou a referencia de artigos de revista e outros documentos de diversa tipoloxía recompilados en bases de datos especializadas en economía e empresa. Tamén inclúe informes de citas, informes económicos de empresas, buscador de imaxes e índices bibliográficos.

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 
Outros recursos para localizar bibliografía
Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, recensións e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
Estatísticas
Estadísticas turísticas de España
Páxina web do Ministerio con enlaces á información estatística española.

[?] IGE (Instituto Galego de Estatística)
Recolle información estatística sobre distintos aspectos da actualidade económica, demográfica e social de Galicia (poboación, sanidade, educación, servizos, administración pública, economía etc.)

[?] INEbase
Contén toda a información estatística que o Instituto Nacional de Estadística de España produce en formatos electrónicos.

INE Hostelería y Turismo
Datos de turismo e ocupación hoteleira do INE

UNWTO Statistics
Portal de UNWTO (World Tourism Organization) con datos sobre turismo internacional

[?] EUROSTAT
Proporciona acceso á información estatística da Unión Europea.

Acceso restrinxido UVigo ISY (International Statistical Yearbook)
Nota: Para acceder, configure o proxy do navegador, seguindo as instrucións desta guía.
A licenza contratada só inclúe as fontes estatísticas que están en cor verde

Engloba estatísticas de diversos organismo coma EUROSTAT, OCDE, FMI etc.  Consúltase a través de AllThatStats, onde aparecen en verde as fontes estatísticas ás que a licenza contratada permite o acceso.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas