Localizador de recursos electrónicos
HISTORIA E XEOGRAFÍA


Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da historia. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, o seguinte recurso:

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, recensións e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
Outros recursos para localizar bibliografía
Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libros, patentes, webs científicas etc.

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle  unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto,  ademais de actas de congresos. 
Revistas Electrónicas
Acceso restrinxido UVigo [?] JSTOR Archival Journal and Primary Source Collection
Contén máis de 1.500 revistas académicas de diversas disciplinas, con predominio das Humanidades e as Ciencias Sociais, tendo un apartado de revistas de Historia.

Acceso restrinxido UVigo [?] Project MUSE
Nota: Suscrición cancelada. Pódense consultar as coleccións de revistas ata o ano 2019 nun ordenador da Sección de Soporte á Aprendizaxe da Biblioteca Central de Vigo.

Revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais.
Bibliotecas Dixitais
Biblioteca Digital Hispánica
Biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de España, proporciona acceso a documentos dixitalizados, entre eles, libros impresos dos séculos XV-XIX, manuscritos, debuxos, gravados, folletos, carteis, fotografías, mapas, atlas, partituras, prensa histórica e grabacións sonoras.

Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia
Integra os fondos da Biblioteca de Galicia e outras obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas (Universidade de Santiago de Compostela,  Museo do Pobo Galego, Fundación Penzol de Vigo,  Real Academia Galega etc.). A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europeana). 

Europeana
Proporciona acceso a máis de 50 millóns de arquivos dixitalizados (libros, música, material gráfico etc.).  Conta con coleccións especializadas en arte, migracións, mapas e xeografía, a Primeira Guerra Mundial  etc. 

Biblioteca Digital Dioscórides 
Inclúe uns 3.300 libros procedentes do Fondo Antigo da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid, dixitalizados a texto completo e accesibles gratuitamente.

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
Hemeroteca dixital que recolle un variado repertorio de prensa histórica e revistas culturais en linguas españolas. O proxecto xorde da cooperación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte coas Comunidades Autónomas, ao que se suman diversas institucións públicas e privadas (bibliotecas, arquivos, museos etc.) que conservan coleccións de prensa histórica, cedendo o seus fondos para que sexan dixitalizados.

Biblioteca virtual del Patrimonio Bibliográfico
Ofrece reproducións facsímiles dixitais de manuscritos, libros impresos, fotografías históricas, materiais cartográficos, partituras e outros materiais que se conservan en institucións en arquivos, biblioteca e museos, e  forman parte do Patrimonio Bibliográfico Español.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: Historia
A  área de Historia da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes alberga un importante catálogo de autores, títulos, personaxes, temas e outros materiais como estudios críticos, publicacións periódicas, audios, vídeos etc. sobre os distintos períodos históricos, desde a Antigüidade clásica á época contemporánea no ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas