Galiciana: é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia co obxectivo coa finalidade de lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes actualmente (Hispana e Europeana).
Artvee: páxina web que permite ver online e descargar obras de arte de dominio público con alta resolución.
The Commons: comezou sendo un proxecto entre Flickr e a Library of Congress e actualmente inclúe a galerías, museos, arquivos e bibliotecas de todo o mundo co obxectivo de aumentar o acceso ás coleccións fotograficas de dominio público.
Getty Search Gateway: permite aos usuarios buscar imaxes en varios dos repositorios do Getty, incluíndo bases de datos de coleccións, catálogos de bibliotecas, inventarios de coleccións e arquivos fotográficos. No buscador é posible seleccionar as imaxes de acceso libre.
Openverse: antigamente chamada CC Search, agora está unida a Wordpress como proxecto de acceso aberto. Todas as fotos teñen licenzas Creative Commons ou son de dominio público.
Wellcome Collection: a través do catálogo é posible a visualización e descarga de imaxes de dominio público ou con licenzas Creative Commons relacionadas coa saúde, co corpo e a experiencia humana.
Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.