Localizador de recursos electrónicos
CURSO IN-FÓRMATE COA BIBLIO!
                                                                                     Photo by John Schnobrich on Unsplash.
                                                                           (Última actualización: setembro 2020)
Información xeral
  • Dirixido ao alumnado de primeiro curso de grao.
  • Modalidade virtual a través de MooVi
  • Duración de 3 semanas, cunha inversión en tempo do alumnado de 15 horas, dependendo das habilidades previas e da dificultade que lle supoña a comprensión dos temas e a realización dos exercicios e/ou tarefas de avaliación.
  • O alumnado que acade a cualificación de "Apto" recibirá un certificado computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos ECTS.
Competencias
Este curso, serve de axuda para a elaboración dos traballos de clase e o seu obxectivo é que os estudantes adquiran as competencias informáticas e informacionais (CI2) básicas necesarias para acceder, avaliar e utilizar correctamente a información, facendo uso dos recursos tecnolóxicos e de información dispoñibles na Universidade de Vigo. O curso, desenvolvese no marco do convenio UniCI2, e na actualidade estamos traballando para adaptalo ás competencias dixitais segundo o Marco Europeo de competencias dixitais (DigComp).
Obxectivos
  • Recoñecer a importancia da adquisición de competencias dixitais.
  • Coñecer os recursos de información e servizos da Biblioteca Universitaria a través da súa web, e os recursos TIC que a UVigo pon a disposición do alumnado.
  • Identificar as necesidades de información: recoñecer a necesidade de utilizar información para desenvolver as actividades académicas.
  • Aprender a distinguir entre diferentes formas de dar resposta ás necesidades de información: seleccionar os recursos adecuados en calquera formato (impreso, electrónico etc.).
  • Saber establecer estratexias para localizar información e acceder a ela: utilizar eficientemente o catálogo, acceder ao texto completo dos recursos electrónicos, localizar os documentos no andel, utilizar o servizo de préstamo, localizar a bibliografía recomendada e coñecer as guías temáticas e os principais buscadores na internet.
  • Ser consciente de que hai que comparar e avaliar a información: discernir a autoría e a actualidade dun recurso.
  • Ser capaz de aplicar unha metodoloxía científica básica na elaboración dun traballo académico.
  • Ser conscientes de que se debe utilizar a información de maneira ética e evitando o plaxio.
  • Coñecer o estilo de citación máis adecuado ao ámbito temático do estudante.
  • Saber empregar ferramentas básicas para editar contidos dixitais, presentar traballos académicos e almacenar e compartir contidos na nube.
  • Ser quen de protexer a súa identidade dixital e os recursos informáticos que utiliza. Saber utilizar a tecnoloxía dixital de forma creativa, e resolver problemas técnicos sinxelos.
Que consigo coa realización deste curso?
Ademais do recoñecemento de crédtos, coa realización deste curso mellorarás os teus traballos académicos, xa que aprenderás a:
 
  • Utilizar recursos de información de calidade.
  • Elaborar estratexias de busca axeitadas.
  • Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio.
  • Identificar aplicacións útiles para o acceso á información e realización de traballos.
  • Empregar unha metodoloxía básica para a elaboración e presentación de traballos de clase.
Que contidos se tratan?
Os contidos do curso organízanse nos seguintes temas:
 
0. As competencias dixitais (DigComp)
1. Como moverte pola Biblioteca
2. Como encontrar información para as materias de clase
3. Como encontrar información para elaborar un traballo académico
4. Creación de contidos
5. Evita o plaxio e cita correctamente
6. Comunica e presenta  
Como se organiza o curso?
O curso  desenvólvese en modalidade virtual a través da plataforma de teleformación MooVi https://moovi.uvigo.gal/, e para a súa realización precísanse unhas 15 horas de traballo.

Está estruturado en sete unidades, con diverso material didáctico, cuestionarios e tarefas que permiten ao alumnado comprobar o seu grao de aprendizaxe.

  
Avaliación, certificación e créditos
A cualificación final será: “apto”ou “non apto”. Para obter a cualificación de "Apto" cómpre:
  • Realizar todos os cuestionarios e tarefas dos temas
  • Acadar como mínimo un 5 na notal global do curso
  • Valorarase o traballo realizado polo alumno, comprobándose o tempo dedicado á consulta dos temas

Certificación:
O alumnado que ao finalizar o curso acade a cualificación de "Apto" obterá un certificado, emitido pola Biblioteca, computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos.
Contacta con nós

Contacta con nós se queres ampliar a información:

Campus de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central 
Tel. 986 813843 referencia@uvigo.es

Campus de Ourense
Biblioteca Rosalía de Castro
Tel. 988 387230 saibco@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Biblioteca Central 
Tel. 986 802001   refbcp@uvigo.es