Localizador de recursos electrónicos
Información científica: acceso, xestión, avaliación e publicación

Curso virtual elaborado pola Biblioteca Universitaria de Vigo orientado a dotar aos estudantes de posgrao e investigadores/as das competencias informacionais necesarias para facilitar o seu labor investigador, capacitándoos para buscar información científica, organizala e xestionala eficazmente, manterse actualizado e usala, publicala e difundila respetando as normas éticas e legais.

   
                                                      Imaxe: Photo by Scott Graham on Unsplash
Que contidos se tratan?
Os contidos do curso organízanse nos seguintes temas:
 
Modulo 0. O proceso de investigación
Módulo 1. As fontes de información
Módulo 2. Como xestionar a bibliografía
Módulo 3. Impacto e calidade das publicacións científicas
Módulo 4. Propiedade intelectual e dereitos de autor
Módulo 5. Acceso aberto á información científica
Módulo 6. Cambios na comunicación científica
Módulo 7. Como manterse ao día da información científica
Módulo 8. Como escribir e publicar traballos científicos
Como se organiza o curso?
O curso  desenvólvese en modalidade virtual a través de Moovi. Está estruturado en diversos módulos, cada un consta de:
  • Unha exposición teórica
  • Un exercicio práctico ou cuestionario
  • Un foro de dúbidas

 
Que teño que facer para realizar o curso?
Os docentes interesados en ofertar o curso ao seu alumnado de posgrao poden solicitar á Biblioteca a réplica e adaptación do curso para os seus masters ou programas de doutoramento.
Tamén calquera estudante de posgrao ou investigador/a poderá solicitar a súa inscrición individual no curso.

Para contactar coa Biblioteca:
  • Vigo:  986 813 843 / referencia@uvigo.es
  • Ourense:  988 387 230 / saibco@uvigo.es
  • Pontevedra:  986 802 001 / refbcp@uvigo.es
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.