FIADOR (Localizador de Fontes de Información Académica) :: Fiador: Como localizar teses
Localizador de recursos electrónicos
COMO LOCALIZAR TESES DE DOUTORAMENTO



Esta guía pretende servir de axuda ás persoas interesadas en localizar unha tese, sexa da Universidade de Vigo ou de calquera outra universidade do mundo.
Última actualización: abril de 2024
Teses da Universidade de Vigo
Teses publicadas:
  • Atópanse no catálogo baixo a materia “Universidade de Vigo-Tesis y escritos académicos” 
  • O procedemento de consulta e préstamo é o habitual na biblioteca.
  • Os exemplares de teses con signatura PUV/T teñen restrinxido o préstamo e deben consultarse na Biblioteca.
Teses inéditas:
  • Atópanse no catálogo baixo a materia “Universidade de Vigo-Tesis inéditas".
  • Trátase de teses depositadas e custodiadas no Arquivo Universitario.
  • Están excluídas de préstamo, e para a súa consulta precisas cubrir un formulario de compromiso de non reprodución e de cita da fonte.

  Investigo: repositorio institucional da UVigo
Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador. Artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de doutoramento lidas na universidade, constitúen os principais contidos do repositorio.

A partir xaneiro do ano 2017 todas as teses lidas na UVigo se depositan e difunden en Investigo, Repositorio Institucional da Uvigo baixo unha licencia CC By-Nc-Nd.

Moitas das teses depositadas e custodiadas no Arquivo Universitario en formato CD-ROM tamén están en Investigo, se o autor asinou a autorización de depósito e a difusión no repositorio.

Para saber como buscar en Investigo, podes consultar esta guía.

Teses da UVigo no Buscador Perseo
Para atopar as teses da Universidade de Vigo (impresas ou en CD) no Buscador Perseo empregaremos a opción de Busca avanzada.
Introduciremos o termo de busca correspondente (autor/a, título, tema ou calquera campo).
Engadiremos un campo de busca no que seleccionaremos a opción Tema – Contén – Universidade de Vigo e limitaremos a busca a Tipo de material: Teses de doutoramento:
 

      

As teses da UVigo poden localizarse tamén en recursos como TESEOBiblioteca Virtual Miguel de CervantesCatálogo REBIUN etc.

Teses de universidades españolas

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:
Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica. Recolle, entre outros materiais, teses en ou sobre linguas hispánicas defendidas con éxito en calquera país do mundo.

 Dialnet Plus Tesis 
Portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Adica unha sección ás teses defendidas na maioría das universidades españolas, proporcionando ás veces acceso ao texto completo do documento. 

Teseo
Base de datos elaborada polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, que recolle teses doutorais lidas en universidades españolas dende 1976, moitas delas a texto completo. 
 
Recurso Open Access TDR
Repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorais lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas.

Outros servidores internacionais con presenza de teses españolas:
Cybertesis
Teses internacionais
DART (Europe E-Theses Portal)
Asociación de bibliotecas de investigación e consorcios de bibliotecas que intentan mellorar o acceso ás teses doutorais europeas, ofrecendo un portal único para a súa consulta. Da acceso a máis de 670.000 teses de universidades de 28 países europeos.

Acceso restrinxido UVigo [?] ProQuest Dissertations & Theses
Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano.  

Cybertesis
Portal desenvolvido pola Universidade de Chile, que ten por obxectivo proporcionar unha ferramenta de fácil acceso ás teses electrónicas a texto completo de diferentes universidades do mundo. Actualmente permite a consulta de máis de 27.000 teses doutorais.

Recurso Open Access OATD (Open Access Theses and Dissertations)
Buscador de teses e traballos académicos publicados en acceso aberto en universidades e organismos de investigación de todo o mundo.

Red de Repositorios Latinoamericanos
Portal ten como obxectivo proporcionar unha ferramenta de fácil acceso ás publicacións electrónicas a texto completo (entre elas as teses) ubicadas en diferentes repositorios dos países de América Latina.

​MIT Theses
Contén unha selección de teses de todos os departamentos do Massachusetts Institute of Technology. A consulta da colección completa de teses debe facerse a través do catálogo das bibliotecas do MIT.

ETHOS British Library: base de datos de teses doutorais británicas (temporalmente fóra de servizo).

THESES.fr: motor de busca das teses doutorais francesas.

Repositorio Científico de Acceso Aberto de Portugal: portal de acceso a miles de documentos científicos e académicos (artigos, conferencias, teses doutorais...) depositados nos repositorios portugueses.
Outros recursos

 
Recurso Open Access BASE (Bielefeld Academic Search Engine)
Motor de busca especializado en recursos académicos de acceso aberto. É un dos recolectores de repositorios científicos máis importantes do mundo. Ofrece máis de 93 millóns de documentos de máis de 4.000 fontes e pódese acceder aos textos completos de arredor do 70% dos documentos indexados. 
Permite limitar a busca por tipo de documento (neste caso por Teses).


Recolecta
Portal de acceso a documentos científicos a texto completo pertencentes a repositorios institucionais abertos do ámbito español.
Permite limitar a busca por tipo de documento (neste caso por Teses).


NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations)
Rede internacional de bibliotecas dixitais de teses doutorais, adicada a promover a creación, uso, difusión e preservación de teses e disertacións electrónicas. Aínda que destacan as universidades estadounidenses, reúne institucións de todo o mundo. Inclúe unha exhaustiva recopilación de recursos sobre teses.


Google Académico
(Google Scholar)
Google Académico é o buscador científico máis popular;  permite localizar documentos de carácter científico, entre eles teses, proxectos fin de carreira ou memorias de grao... Recupera a información de páxinas web de institutos de investigación, universidades, webs gubernamentais, repositorios etc.
E ademais...
Algunhas bases de datos especializadas permiten filtrar as buscas por teses como tipo de documento; é o caso de Agris, BLE, ERIC, Linguistics Collection, PsycINFO, Sport Discus...
Información da Universidade de Vigo sobre teses doutorais


EIDO Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo


Normas de estilo para a presentación de teses da UVigo (aprobadas o 04/03/2016 e modificadas o 29/09/2016)
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Buscar no catálogo
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access