Localizador de recursos electrónicos
CITAS E BIBLIOGRAFÍA CON REFWORKS

Ademáis de ser un xestor de documentos, RefWorks manten as características dos xestores bibliográficos tradicionais facilitanto a creación de citas e bibliografías. Permite:
 
  • Crear bibliografías ou listaxes de referencias coas referencias gardadas na nosa conta (Bibliografía simple)
  • "Quick cite" cita rápida.
  • Citar referencias e inserir bibliografía mentres escribimos un documento con Microsoft Word
  • Citar referencias e inserir bibliografía mentres escribimos un documento en Documentos de Google (Google Docs)
  • Editar e modificar os nosos propios estilos bibliográficos
 
Se tes dúbidas acerca de como se fan as citas, as referencias ou as bibliografías consulta a guía: COMO CITAR E ELABORAR REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
 
Antes de empezar...
  • Revisa as referencias cando as captures ou gardes. Se hai calquera problema coa calidade dos datos poden aparecer erros nas bibliografías.
  • Neste proceso de revisión das referencias é útil empregar a opción de Visualización de citas 
Bibliografía simple. Crear unha bibliografía ou listaxe de referencias
Con ProQuest RefWorks pódese crear unha bibliografía a partir das referencias que temos na nosa base de datos sen necesidade de crear un documento. Esta listaxe ou bibliografía pode incluir toda a base de datos, as referencias dunha carpeta ou unhas cantas referencias seleccionadas.

 

Cita rápida

O sistema Cita rápida ou "Quick Cite" é un sitema rápido de cita moi útil para traballos de pouca extensión onde incluímos un número reducido de citas. Ten tamén a vantaxe de que se pode empregar en calquera procesador de textos e non exclusivamente co Word como o Write N CIte. 

Características:

  • Non precisa da instalación de ningún complemento ou pluggin. Todo se xenera dentro de RefWorks.
  • Hai que habilitar no navegador permiso para as "ventanas emerxentes" porque funciona cunha ventana emerxente que haberá que manter aberta durante todo o proceso.
  • Non permite cambios, unha vez copiada e inserida a cita no estilo elexido se quere cambiar de estilo deberá repetir o proceso
  • Resulta útil para traballos onde non se citan máis de 10 ou 15 referencias e para os que non usan word ou traballan con unha versión de word moi antiga
Como inserir citas e xerar bibliografías nos meus escritos ou traballos/Citar mentras escribes
Hay varias formas de engadir citas nun documento desde RefWorks, segundo o procesador de textos que empreguemos.

 
Con Microsoft Word
  
 
 
  • ​​​Write N Cite 4 (para versións de Word anteriores a 2016) *
        *Desde o 1 de abril de 2024 xa non é posible instalar o Write N Cite (WnC). No seu lugar os usuarios de RefWorks terán que instalar o RefWorks Citation Manager (RCM) para inserir citas nos textos redactados co Microsoft Word. Se ten documentos redactados co Write-N-Cite (WnC) pediráselle que actualice ao RefWorks Citation Manager (RCM). No proceso deberá decidir se rematar o traballo co WnC ou prefire migrar eses documentos a RCM e continuar o traballo co novo complemento. Se ten algunha dúbida contacte coa Biblioteca. 

 

Con Google Docs
  
RefWorks Citation Manager (RCM) para Google Docs (beta)
RefWork Proquest para Google Docs