Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:
GreenFILE
Base de datos que recolle información sobre enerxías renovables, agricultura sustentable, polución, reciclaxe, construción ecolóxica etc. Contén documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral sobre os efectos dos individuos no medio e o que podemos facer para minimizar os efectos negativos.
Scopus
Base de datos bibliográfica multidisciplinar que indexa máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Ademais inclúe series de libros, patentes, webs científicas etc.
Web of Science
Base de datos bibliográfica multidisciplinar, recolle unhas 12.000 revistas de investigación das máis prestixiosas e de alto impacto, ademais de actas de congresos.
La página del Medio Ambiente (Ecoiuris)Nota: Pida contrasinais en:
- Campus Ourense 988-387192
- Campus Vigo 986-813843
- Campus Pontevedra 986-802001 Base de datos xurídica sobre Medio Ambiente que inclúe lexislación vixente, xurisprudencia, etc. Recolle tamén o Código Ambiental coa lexislación básica en Medio Ambiente.