Localizador de recursos electrónicos
Actualización automática de SUXI desde Web of Science
SUXI non incorpora os meus traballos recentes malia ter o meu número ORCID ID metido na aplicación
Se ten correctamente metido o seu ORCID en SUXI, e este non é quen de importar as súas publicacións de WOS, o que ocorre é que onde non está correctamente metido o número ORCID é en WOS. Consulte esta guía para saber como solucionalo.
Que teña máis dun número ORCID afecta á actualización automática de SUXI desde WOS?
A actualización a SUXI desde WOS faise comparando números ORCID. Para que se execute correctamente ten que coincidir o número ORCID que teña rexistrado en SUXI co número ORCID que apareza vinculado ás súas publicacións en WOS. O problema dáse cando eses números son diferentes.

Non é conveniente que unha mesma persoa teña máis dun número ORCID: a finalidade do número ORCID é identificar a unha persoa e todas as súas publicacións, polo que en todas elas e en todos os perfís da mesma persoa debería constar sempre o mesmo número. Se por erro creou máis dun número ORCID, debería utilizar sempre o mesmo, e eliminar os restantes.
Se xa teño un perfil ResearcherID, debo crear un perfil en Publons?
Non é necesario: a partir do 15 de abril de 2019, ResearcherID vai ser substituído por Publons. Se o seu perfil en ResearcherID é público, ese día toda a información que conteña vai pasar ao perfil en Publons e se non ten un perfil Publons creado, crearase un novo automaticamente.
As miñas publicacións en WOS aparecen vinculadas a dous perfís diferentes. Afecta isto á actualización de SUXI?
Si. SUXI vai coller de WOS as publicacións vinculadas ao mesmo ORCID que estea metido en SUXI. Todas as publicacións que en WOS non estean vinculadas a ese número ORCID, non será recoñecidas como súas e polo tanto non van ser incorporadas a SUXI. Para solucionar este problema, debe actualizar o seu ResearcherID (ata o 14 de abril, a partir desa data deberá facelo en Publons) introducindo o seu ORCID e reclamando as publicacións que non están en WOS vinculadas a ese ORCID. Consulte esta guía para saber como solucionalo.
Teño o número ORCID metido en SUXI, o meu Publons actualizado e aínda así a carga non se produce. Que podo facer?
Primeiro, comprobe que o seu perfil en Publons ten correctamente metido o número ORCID para que WOS poida incorporar esta informacióhn ás súas publicacións.

Despois, agarde. WOS tarda entre 10 e 14 días en actualizar a información que recibe de ResearcherID e Publons. Se transcorrido ese tempo as publicacións non aparecen correctamente vinculadas ao seu número ORCID, contacte con nós para que lle comuniquemos a incidencia a Clarivate, a empresa propietaria de WOS.
No meu perfil de ORCID están todas as miñas publicacións, pero SUXI continúa sen cargalas. Que podo facer?
WOS tarda arredor de 2 meses en incorporar a información que se actualiza en ORCID. Se quere que o proceso sexa máis áxil, debe introducir ademais esas publicacións tamén no seu perfil Publons (ou ResearcherID só ata o 14 de abril). WOS tarda entre 10 e 14 días en incorporar a información que se actualiza en Publons (e ResearcherID).

Ademais, para que o proceso se faga correctamente, tanto en SUXI como en Publons debe constar o seu número ORCID.
Consulte coa biblioteca
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación

referencia@uvigo.es
986 813843