Compartir unha carpeta ou subcarpeta permitiralle compartir todas as referencias incluídas nela cunha persoa, cun grupo de traballo ou facela pública na rede.
ATENCIÓN: Unha carpeta compartida é visible na web para calquera que teña a súa dirección URL e non é necesario que as persoas que queiran visualizala sexan usuarias do Refworks.
Como compartir unha carpeta
1. Faga clic na pestana
Organizar y compartir carpetas. Aquí terá unha vista xeral das carpetas creadas na súa base de datos.
2. A continuación prema sobre a icona

da carpeta que quere compartir.
3. Abrirase unha ventá na que aparecerá a URL permanente que dará acceso á carpeta compartida. Ademáis, pode nomear a carpeta (Título), engadir información adicional ou especificar opcións de publicación e permisos. A continuación faga clic en
Guardar.
- Opciones compart: permite crear unha canle RSS para estar informado das actualizacións.
- Limitaciones: pode establecer que é o que lle vai permitir facer ao usuario con que comparte a carpeta (por exemplo engadir comentarios ás referencias, recibir mensaxes de correo electrónico cando se engadan comentarios ou mostrar fontes RSS).
- Campos a compartir: para excluír algún campo que non quere compartir co usuario (por exemplo: Notas ou Campos persoais).
ATENCIÓN: Nunha carpeta compartida non é posible que outros usuarios con outra clave e contrasinal agreguen referencias á súa carpeta. Para que dous ou máis usuarios traballen simultáneamente, compartindo o uso dunha mesma base de datos é necesario que estes accedan a Refworks co mesmo código de usuario e contrasinal.
4. De volta en
Organizar e compartir carpetas, prema sobre

e copie o enlace coa URL xerada para compartila coas persoas que desexe. Tamén a pode enviar directamente por correo electrónico seleccionando

.
Tamén ten a opción de enviar a carpeta a través de diferentes medios sociais (Twitter, Facebook, etc.) ou engadila a favoritos.
Como deixar de compartir a carpeta ou cambiar as preferencias
Para deixar de compartir faga clic sobre a icona da carpeta compartida e prema sobre
No compartir. Tamén pode cambiar os parámetros da carpeta compartida premendo en
Opciones de carpeta compartida 
.