Localizador de recursos electrónicos

1. Existe posibilidade de solicitar unha formación a medida?

Si, a biblioteca realiza sesións formativas axeitadas á demanda do usuario/a, tanto nos contidos coma nos horarios. Tamén poden ser peticións de docentes para impartir formación axustada ás necesidades da súa asignatura e dos seus estudantes.
Para solicitalas deberá poñerse en contacto coa Biblioteca Central do campus correspondente:
 
  • Biblioteca Central Vigo: referencia@uvigo.es / 986813843
  • Biblioteca Central Campus Pontevedra: dirbcp@uvigo.es / 986802001
  • Biblioteca Central Campus Ourense: dirbco@uvigo.es / 988387191

2. Que cursos e actividades formativas ofrece a Biblioteca?

A biblioteca ofrece diversos cursos e actividades formativas, tanto presenciais como virtuais, coa finalidade de facilitar a estudantes e investigadores/as as competencias informacionais necesarias na aprendizaxe e na investigación.
Entre estes cursos e actividades están:

 

Cursos virtuais

 
 

 

Formación presencial

 
  • Sesións solicitadas polos usuarios/as:  feitas á súa medida, tanto nos contidos coma nos horarios. Poden ser tamén peticións de docentes para impartir formación axustada ás necesidades dos seus estudantes. 
     
  • Sesións programadas pola Biblioteca:  formación en bases de datos e outros recursos de información, xestores bibliográficos etc.    
     
  • Sesións de acollida ao alumnado de 1º curso:  realizadas a comezos de cada curso académico, están orientadas a informar aos novos estudantes dos servizos bibliotecarios e formar no manexo do catálogo.

3. Que son as competencias informáticas e informacionais?

As competencias informáticas son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e conductas que capacitan aos individuos para saber como funcionan as TIC, para que serven e onde e como se poden utilizar para conseguir obxectivos específicos.
As competencias informacionais son o conxunto de coñecementos, habilidades, disposicións e conductas que capacitan aos individuos para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso axeitado de acordo co problema que se lles plantexa” (Competencias informáticas e informacionales en los estudios de grado. Comisión Mixta CRUE-TIC y REBIUN, 2012 edición ampliada e revisada).

A Biblioteca oferta distintos curso para formar aos estudantes da Universidade de Vigo en ditas competencias, o que lles permitirá:
  • Utilizar os recursos tecnolóxicos e de información dispoñibles na Universidade.
  • Usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
  • Desenvolver a capacidade de análise fronte a sobreabundancia da información.
  • Ser autónomo dentro da investigación e avaliación dos recursos de información para os seus traballos académicos.
  • Mellorar a súa capacidade de organización da información.
  • Citar as fontes impresas e electrónicas usando o estilo de cita adecuado, facendo así un uso responsable, ético e legal da información.  
  • Empregar unha metodoloxía básica para a elaboración dos traballos académicos.
Examinar as FAQs por categoría
Buscar FAQs
Se tes algunha outra pregunta ou dúbida contacta coa Biblioteca: referencia@uvigo.es / 986.813.843