|
|
Dialnet Plus
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
- Produtor: Fundación Dialnet.
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
|
|
|
Graó revistas
- Ámbito temático: Educación, Pedagoxía, Didáctica
- Contidos: revistas da editorial GRAÓ dirixidas á formación do profesorado, que abarcan aspectos de didáctica xeral e tamén de diversas áreas específicas.
- Produtor: Institut de Recursos i Investigació per a la Formació
- Cobertura temporal: dende o n. 1
- Lingua de consulta: castelán e catalán
|
|
|
Oxford Academic
- Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
- Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
- Produtor: Oxford University Press
- Cobertura temporal: dende 1996
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Project MUSE
- Ámbito temático: Educación, Historia, Lingua e Literatura, Socioloxía
- Contido: revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais
- Cobertura: ata o ano 2019 incluído (data de finalización da suscrición)
- Produtor: Project MUSE
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: guía de busca en pdf (inglés) e titoriais (inglés)
Nota: Suscrición cancelada. Pódense consultar as coleccións de revistas ata o ano 2019 nun ordenador da Sección de Soporte á Aprendizaxe da Biblioteca Central de Vigo.
|
|
|
SAGE Journals
- Ámbito temático: Economía, Educación, Informática, Medicina, Psicoloxía, Socioloxía.
- Contido: máis de 600 revistas de Empresas, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
- Produtor: SAGE Publications
- Cobertura temporal: acceso dende 1999
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Taylor & Francis
- Ámbito temático: Atención Sanitaria e Social, Ciencias do comportamento, Ciencias Sociais, Economía, Finanzas, Empresas e Industria, Educación, Enxeñería e Tecnoloxía, Física, Humanidades, Medio ambiente e Agricultura, Medio ambiente e Sostenibilidade, Política e Relacións Internacionais, Xeografía.
- Contido: recolle publicacións científicas e académicas de Taylor & Francis, Routledge e Psychology Press, CRC Press e Garland Press, enciclopedias (a antiga colección enciclopedia Dekker) de Taylor & Francis, bases de datos de abstracts de Taylor & Francis e máis de 10,000 libros electrónicos de Taylor & Francis e Routledge.
- Produtor: Taylor & Francis Group
- Cobertura temporal: dende 1997 (a Universidade de Vigo ten acceso só ás revistas das que temos subscrición)
- Lingua de consulta: inglés
|