|
|
CAIRN.INFO
- Ámbito temático: Ciencias humanas e sociais
- Contido: Colección de revistas e ebooks das principais editoriais francesas, belgas e suízas
- Produtor: CAIRN.INFO
- Cobertura temporal: dende o primero número
- Lingua de consulta: francés e inglés
|
|
|
Cambridge Core Journals
- Ámbito temático: Dereito, Historia, Lingua e Lingüística, Socioloxía, Matemáticas, Medicina e Psicoloxía
- Contido: principais revistas de Cambridge University Press sobre Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.
- Produtor: Cambridge University Press
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
CAS SciFinder Discovery Platform
- Ámbito temático: química, enxeñaría química e áreas relacionadas.
- Contido: referencias bibliográficas e resumos de artigos, patentes, actas de congresos, informes, teses e libros. Permite buscas por estrutura, substancias químicas ou reaccións, autor, palabra clave, entidades, título da publicación, etc.
- CAS Scifinder Discovery Platform dá acceso a Scifinder_n, CAS Formulus e CAS Analytical Methods. Scifinder_n inclúe:
- Patenpak: ferramenta que permite localizar as sustancias clave dunha patente. Permite descargar a patente en formato PDF buscable, permitindo facer buscas textuais dentro da patente.
- MethodsNow Synthesis: (protocolos sintéticos) ofrece información detallada sobre as reaccións, o seu procedemento, táboa de productos, reactivos, etc.
- Retrosynthesis: permite facer retrosíntese, é dicir, pedirlle a Scifinder-n que plantee unha ruta de síntese para a molécula obxectivo (sustancia que se quere sintetizar).
- Produtor: CAS
- Lingua de consulta: inglés
Nota:
Cómpre estar rexistrado para acceder á plataforma
|
|
|
Cinahl
- Ámbito temático: enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde.
- Contido: referencias bibliográficas e resumos de máis de 3.000 publicacións especializadas en enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde, ademáis da cobertura completa de revistas e publicacións especializadas da "National League for Nursing" e a "American Nurses Association". Tamén recolle libros, actas de congresos, audiovisuais, e outros, publicados dende 1981
- Produtor: Ebsco.
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
CISS Fiscal
- Ámbito temático: materia fiscal e tributaria
- Contido: normativa estatal, autonómica, europea e internacional en materia fiscal e tributaria; xurisprudencia de todos os tribunais analizada e acompañada de íter procesal. Doutrina administrativa: consultas, informes e criterios da Dirección Xeral de Tributos, DGRN, ICAC e Xulgados económico-administrativos, comentarios de autor casos prácticos e formularios expertos
- Produtor: La Ley
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
- Algunhas guías de uso: Atopar normas básicas, cómo sacar partido ó buscador, afinar ou filtrar resultados (pódense atopar máis guías de uso e videotitoriais no apartado Formación unha vez que se accede ó recurso)
Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
CISS Laboral
- Ámbito temático: Laboral, Seguridade Social e Prevención de Riscos
- Contido: normativa estatal, autonómica, europea e internacional do ámbito. Todos os convenios colectivos e as súas revisións de calquera sector de actividade e ámbito territorial; xurisprudencia de todos os tribunais así como doutrina administrativa: consultas, informes e criterios da Inspección de Traballo, INE, INSS, TGSS. Comentarios de autor, casos prácticos e formularios expertos. Axudas e subvencións, en materia de Fomento do Emprego (estatais, autonómicas e provinciais)
- Produtor: La Ley
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
- Algunhas guías básicas de uso: manexo do buscador, afinar e filtrar resultados, significado de iconas (pódense atopar máis guías de uso e videotitoriais no apartado Formación unha vez que se accede ó recurso)
Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
Cochrane Library
- Ámbito temático: Medicina baseada na evidencia
- Contido: tradución ao español de revisións sistemáticas completas e outros documentos relevantes. A información provén (entre outras fontes) da Base de datos Cochrane BDCRS (The Cochrane Database of Systematic Reviews - CDSR)
- Produtor: Colaboración Cochrane
Nota: Acceso por subscrición desde calquera IP dentro de territorio español
|
|
|
CSIC
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
- Produtor: CSIC.
- Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.
|